A porteira e as dúas ás, destra e zurda, son tres destacadas xogadoras provintes do filial que aportarán frescura, ilusión e moitas ganas ao equipo
Burela, 4 de agosto, 2025. Lola, Sandra e Irene incorpóranse desde o equipo filial ao primeiro equipo do Burela FS para esta próxima tempada 25/26. As tres xogadoras formaron parte do CD Burela FS “B”, rebrotado hai dous anos con Jairo Campo á fronte, sendo tres das xogadoras máis destacadas do mesmo. Tres xoves promesas que ademais de achegar o temple, competitividade e alegría que caracterizan a cada unha respectivamente, terán a súa oportunidade nesta tempada na renovada plantilla do club mariñán con Belén Leal á fronte.
Lola Muñoz, aínda que nada en Córdoba, creceu en Burela, formándose nas escolas do club burelense desde os 9 anos. A destacada porteira que foi convocada pola selección galega dende os 12 anos (nas categorías infantil, cadete e xuvenil) e pola española durante a tempada pasada (24/25), poderá continuar xogando, agora no primeiro equipo do club do que formou parte toda a súa vida, “É un soño feito realidade, despois de tantos anos xogando no club ter a oportunidade de poder pertencer ao primeiro equipo.” Con bos presaxios para esta tempada, “Vou afrontar este ano con moitísima ilusión e moitas ganas, vai ser unha tempada na que vou aprender infinidade de cousas tanto a nivel grupal como individual”. Anima á afección para vir a Vista Alegre cada sábado, “Non os imos defraudar porque imos dar o máximo de cada unha e imos loitar polo noso escudo”.
Sandra Pumares García (Burela, 23/12/2007), á-destra que sorprendeu notablemente pola súa técnica e velocidade no CD Burela FS “B” a pesar de introducirse no mundo do fútbol sala moi recentemente, xogando a fútbol campo toda a súa vida en dous equipos da comarca, o AD Río Ouro e a SD Burela e pasando a formar parte dos equipos xuvenil e filial do Burela FS hai dous anos. A burelense defínese como “unha xogadora rápida, técnica e moi competitiva, creo que podería aportar moito ao equipo” e tamén afronta esta tempada con moita ilusión “Con moitas ganas de empezar, de axudar ao equipo en todo o que poda, dándoo todo por el e seguir crecendo como xogadora, xa que para min isto é un soño e síntome moi afortunada de que me dean esta oportunidade, a cal hai dous anos nin imaxinaba que podería pasar”. Con ganas de demostrar, “Imos dalo todo pola afección e pola xente que nos apoia partido tras partido”.
Irene Suárez Fernández (Ribadeo, 11/01/2007), á-zurda (ocasionalmente pivote) que se formou nas escolas deportivas do Ribadeo FS e nas do FSF Castro (de 2018 a 2023), pasando a formar parte do CD Burela FS “B” na tempada 23/24. Durante a pasada tempada tivo que facer un parón de 7 meses debido a unha dura lesión, rotura do ligamento patelofemoral medial, pero conseguiu xogar durante o final da tempada pasada no equipo a moi bo nivel, sendo unha das xogadoras máis importantes do equipo nestes dous anos que formou parte del. A moza ribadense defínese “como unha xogadora tranquila e segura do que fai” e valora esta próxima tempada no primeiro equipo, “espero que podamos conseguir o máximo posible e quero aprender todo o que poda, que seguro que será moito. Respecto ao equipo imos loitar e a deixarnos ata o último suspiro na pista”. Con moito aprecio cara ao apoio da Familia Laranxa, “Afección, o voso apoio empuxou a este equipo para dar sempre o mellor durante moito tempo e espero que este ano non sexa menos. Queremos que esteades o dobre, que sexades o noso motor tanto nos bos momentos como nos difíciles, para celebrar os éxitos xuntos e levantarnos a cabeza se as cousas van mal, axudándonos a seguir loitando.”
Marcelino Luna, directivo e responsable do equipo feminino nesta tempada, recibéunas nas oficinas do club desexándolles moita sorte e destacando o seu papel durante estas últimas dúas tempadas no segundo equipo do club, contento de poder darlles esta oportunidade a tres xogadoras máis “da casa”.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 

