O acto terá lugar este venres 8 de agosto ás 19:00 no adro da capela e no mesmo presentarase o programa da romería
Celeiro de Mariñaos, Barreiros, 6 de agosto, 2025. A Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano”, organizadora da romería homónima e na que se celebra tamén a Festa da Tortilla que este ano vai xa na XXVIII edición, anuncia que o próximo venres 8 de agosto terá lugar a presentación da romería, este ano coa novidade da introducción da figura do pregoeiro, que recae na persoa de Emilio López “Celeirao” (Pousada – Lourenzá, 1973), coñecedor da romería e participante na mesma en varias ocasións en diferentes formatos musicais.
Amplo curriculum musical do pregoeiro
Emilio López comeza a súa andaina musical polo ano 1994 co grupo musical Skornabois, do que participa na composición musical e dos textos. Editaron dous traballos “O verme homicida” Demo, ano 1997 (Chorima Edicións) “Skornabois” Disco, ano 1998 (Chorima Edicións).
Logo entrarían a formar parte con un tema inédito “Plantate” 1999 na Revista Bravú.
No ano 2001 funda con Xermán Viluba e Arturo Vaquero o proxecto “Safari Orquestra”.
Ano 2005 Compón xunto con Arturo Vaquero, a banda sonora da película para TVG “A Biblioteca da Iguana” de Antón Dobao.
Ano 2008 participa no programa de TVG “Somos unha Potenzia” Dirixido por Carlos Blanco; do que se encargaría da música orixinal de cada programa.
Ano 2010 sae a luz o disco “Ben Deitei” Ouvirmos Edicións, da Safari Orquestra do que se encargaría da produción, textos e composición musical.
Actualmente traballa como productor, DJ e creación de eventos socio-culturais.
A figura do pregoeiro/a terá continuidade nos vindeiros anos
Desde a Asociación Irmandade San Caetano explican o motivo de instituir a figura do pregoeiro nesta romería manifestando a súa intención de que se consolide nos vindeiros anos, e para eso nomearase pregoeiro ou pregoeira a persoas vinculadas coa romería ou coa parroquia e que poidan facer aportacións interesantes á súa historia e á súa cultura, o que redundará en beneficio de todxs.
A arte sempre presente na romería e na difusión da mesma
No acto de presentación da romería estará tamén o deseñador gráfico autor dos carteis e demáis elementos de difusión da mesma, David Ribas Pena, que nos últimos anos se encarga desta importante labor achegando a través da cartelería cadros de artistas clásicos. “E este ano sorprenderános gratamente unha vez máis coa súa creación” afirman desde a asociación.
Proba da tortilla e petiscos
Ao remate dos actos de lectura do pregón e de presentación do programa haberá un refrixerio con petiscos e a “proba” da tortilla para ir facendo boca.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



