Ribadeo, 7 de agosto, 2025. O BNG de Ribadeo vén de denunciar este mércores a precaria cobertura médica no centro de saúde ribadense, confrontando o anunciado hai só unhas semanas polo alcalde Daniel Vega, que garantía, tras reunirse co conselleiro de Sanidade, que en Ribadeo “cóbrense todas as prazas, todas as baixas e vacacións dos médicos”.
Segundo palabras da concelleira nacionalista Raquel Ferreira: “Lamentablemente a realidade dista moito das promesas anunciadas polo alcalde ribadense. De 8 médicos que debería haber no centro de saúde atopamos cada día 4, ou como moito 5, se hai sorte. Non sabemos cales son as contas do alcalde, pero catro médicos de oito están moi lonxe de ser todos”.
“A día de hoxe segue sen cubrirse de xeito permanente ninguna das 3 vacantes que deixaron as xubilacións de 3 médicas no último ano e medio. Os pacientes destes cupos, aproximadamente 3000 ribadenses, non teñen médico asignado e polo tanto non teñen quen realice seguemento dos seus problemas de saúde. Se intentan pedir unha cita programada atópanse con esperas de ata 15 días ou máis, e cando por fin a teñen ven como cada día son atendidos por facultativos distintos, que lóxicamente descoñecen os pacientes e as súas patoloxías, co retraso e descontrol que isto xenera. Asímesmo, tampouco se están a cubrir as vacacións do persoal médico e de enfermaría”.
“Contamos cunha sanidade de subsistencia: é certo que ante unha urxencia sempre vas a ser atendido (só faltaba), pero falla o principal: unha atención primaria forte que garanta unha atención continuada e de calidade”, engade.
“Por enésima vez os ribadenses somos espectadores do teatro mediático de Daniel Vega: fotos, portadas, anuncios e autobombo, que se quedan niso: en puro teatro. A realidade é que a situación do noso centro de saúde é crítica, e mentir deliberadamente sobre isto só pode atender a dous motivos: ou certamente o alcalde quere facer aos ribadenses pasar por parvos, ou, o que é máis grave, vive na máis absoluta das ignorancias”.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



