De carácter solidario, comezará na Fonte de Covas e rematará en Celeiro
Viveiro, 7 de agosto de 2025. Viveiro será escenario o domingo 10 de agosto unha nova edición da marcha solidaria «Viveiro en marcha contra o cancro», organizada pola Asociación Española Contra o Cancro. A saída está prevista para as 11.00 horas na Fonte de Covas e o percorrido, de arredor de cinco quilómetros, rematará en Celeiro.
A iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para a investigación oncolóxica e apoiar os programas da asociación destinados a pacientes e familias. As inscricións poden formalizarse ata as 23.59 horas do 9 de agosto a través da web do evento ou de xeito presencial no taller de costura Loli Polo, en Covas; a mercería Silvia en Cantarrana, o salón multiusos do Concello de Viveiro e a gasolineira Repsol en Celeiro. O prezo da inscrición é de 10 euros, con dereito a camiseta conmemorativa. Tamén se pode colaborar cun donativo sen participar fisicamente na marcha.
O mesmo día da celebración da iniciativa, os interesados poderán inscribirse na zona de saída, nos Castelos, a partir das 10.00 horas.
A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou o valor deste tipo de iniciativas: «A resposta solidaria da veciñanza de Viveiro é sempre exemplar. Agardamos que esta nova edición da marcha sexa un éxito de participación e contribúa a dar visibilidade e apoiar unha causa que nos toca de preto a todos».






















Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



