Lara Méndez reclamará no Parlamento a creación dun rexistro transparente cos investimentos, criterios públicos e xustos de reparto entre provincias e que se reconduzan cara a Lugo os recursos sen executar
Lugo, 8 de agosto de 2025. A vicesecretaria Xeral e secretaria de Organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, e a secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, denunciaron con rotundidade a discriminación inxustificable á que Alfonso Rueda somete á provincia de Lugo, excluíndoa dos Fondos de Compensación Interterritorial que o Goberno de España transfire á Xunta para corrixir desigualdades e garantir a cohesión territorial.
“Dos 100 millóns de euros dispoñibles nos anos 2022 e 2023, Lugo non recibiu nin un só euro. Cero. Cero investimento. E iso a pesar de que a Xunta nin sequera foi capaz de executar a metade destes fondos na súa nula xestión habitual”, advertiu Pilar García Porto, que destacou que estes datos foron denunciados polo propio Consello de Contas, entidade independente encargada de fiscalizar a actividade económico-financeira do sector público galego, no seu último informe.
“É intolerable que Rueda converta en arma política uns fondos creados para combater os desequilibrios territoriais. Ao excluír Lugo, frea deliberadamente a súa equiparación con outras zonas máis desenvolvidas e pervirte o propósito destes recursos. Parece claro que o PP prefire que os cartos volvan a Madrid antes que investir un só euro na nosa provincia”, sostivo a secretaria de Organización provincial e deputada, que subliñou que “os concellos non teñen ningunha vía para solicitar estes fondos: non existe unha convocatoria pública nin un procedemento aberto que permita coñecer os criterios de reparto”. Porto engadiu que “mentres en Lugo padecemos a falta de persoal médico e docente, a carencia de residencias de maiores, de infraestruturas e de transporte público, Rueda e Candia utilizan estes recursos enviados polo Goberno do Estado como unha auténtica ferramenta de castigo”.
Pilar García Porto e Lara Méndez esixirán explicacións por esta exclusión, lembrando que os investimentos os decide de xeito unilateral a Xunta e Rueda. “Reclamaremos respostas ante esta situación, que ademais vén a demostrar o que sempre denunciamos, que Elena Candia só usa a provincia como trampolín político: só lle importa medrar no partido, non defender á veciñanza”.
Lara Méndez anunciou que tamén desde o PSdeG esixirán a través dunha batería de iniciativas parlamentarias a posta en marcha inmediata dun rexistro contable onde se recolla con total transparencia onde se levan investidos estes fondos nos anos de Goberno do PP na Xunta, e con que parámetros se tomaron as decisións. Tamén se reclamará o establecemento de criterios públicos e xustos de reparto entre provincias, e se lle dea voz aos concellos nas decisións sobre proxectos e investimentos que se adopten.
Así mesmo, desde Lugo se reclamará a Rueda que reconduza cara a Lugo cunha planificación pública e consensuada parte dos máis de 50 millóns de euros que a Xunta deixou sen executar nos últimos exercicios.
A este respecto, a parlamentaria destacou que o Concello de Contas “sitúa a Galicia como a segunda CCAA con peores índices de execución destes fondos. Nin Rueda agora nin Feijóo antes foron capaces de converter estes recursos de equilibrio territorial nunha ferramenta útil. A realidade é que temos un goberno que non executa, non reparte e non planifica”, argumentou.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



