Comezará ás 12.30 con saída e chegada no cantón dos Moreno. Convoca A Mariña de Lugo e occidente astur, por Palestina

Comezará ás 12.30 con saída e chegada no cantón dos Moreno. Convoca A Mariña de Lugo e occidente astur, por Palestina
No último Pleno Ordinario, celebrado na Casa Consistorial, presentouse unha moción para que fose nomeado Fillo Predilecto de Mondoñedo, D. Francisco Piñeiro González, que tivo o voto favorable de toda a corporación. Esta aprobación por unanimidade de todos os grupos que conforman o Concello de Mondoñedo, supón a posta en marcha do expediente que, en breve tempo, derivará no nomeamento deste mindoniense de pro, como Fillo Predilecto.
Estiveron acompañadxs polo persoal voluntario e monitoras de Mañás Activas xunto coas dúas técnicas de xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde pararon a xantar no Lago das Pontes para coñecer a historia da súa creación e darse un baño na praia. Esta viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025”.
O 112 Galicia recibiu unha chamada arredor das 12:20 horas deste mércores na que un particular informaba dun ferido na marxe do río Sor, preto do monte Insua. Atopábanse nun terreo ao que era difícil acceder e xunto co ferido, quen non era capaz de camiñar. Con isto, solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Viveiro e da Garda Civil. A dotación de bombeiros conseguiu chegar ata o punto, aínda que a zona imposibilitaba o paso da ambulancia. Desta maneira, informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca II para trasladar á vítima ata o hospital de referencia.
O programa desta edición arrincará ás 21:00 horas con Decrux B2B Bristradd nun chill house set; seguirá ás 22:00 horas con El Chocolay e Jorgito + Talent; ás 23:00 horas será a quenda de Cris V; ás 00:30 horas subirá ao escenario David García; e para pechar a noite, ás 2:00 horas, volverán Decrux B2B Bristradd.
Estivo tamén aberto ao público en xeral dentro de Enredando no verán.
O xoves ás 16:15h Concurso de Figuras de Area na praia de Abrela. Como sempre haberá 4 categorías, premios para os mellores e agasallos para todos. O sábado 16 ás 10h unha ruta guiada gratuita a cargo de Rutas Galicia Norte, entre a Igrexa parroquial do Vicedo, praia de Xilloi e Mirador das Laxes, repasando toda a historia e xeoloxía da zona.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital