Foz, 14 de agosto de 2025. Ante o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da aprobación da declaración ambiental do proxecto de dragaxe do porto de Foz, o alcalde, Fran Cajoto, felicítase “pola aprobación dun trámite necesario para unha obra imprescindible para o funcionamento do porto de Foz”.
O rexedor pide axilidade a Portos de Galicia para o resto dos trámites e para a contratación das obras: “levamos moito tempo agardando. O Estudo de Impacto Ambiental asinouse en agosto de 2023 e foron necesarios dous anos para a súa aprobación. Entre a redacción do mesmo e a posible adxudicación estamos a falar de máis de tres anos de trámite. Se contamos tamén a pouca dispoñibilidade de dragas (entre 6 meses e un ano de agarda), os tempos de espera resultan de todo inasumibles. Este proxecto consiste nunha dragaxe inicial no interior da dársena pesqueira (a cotas -1,5 e -2,5) e na canle de entrada a cota -2 m, así como tres dragaxes de mantemento en anos sucesivos. Cunha tramitación tan longa, debemos xa pensar no seguinte proxecto, para que as dragaxes de mantemento non queden no olvido unha vez remate este contrato”.
Porto Chico
Fran Cajoto refírese tamén ao coñecido popularmente como Porto Chico, unha dársena na que hai amarres que quedan completamente en seco en marea baixa. “Porto Chico non está incluído neste documento. Respecto ao proxecto de dragaxe e ampliación de Porto Chico non temos ningunha novidade desde o ano 2022, agardamos que se desbloquee: non é de recibo que os usuarios só poidan usar as súas embarcacións en marea alta”, explica o alcalde, que engade: “quero destacar o traballo feito pola Asociación A Ribeira para que as infraestruturas portuarias de Foz non queden no esquecemento”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



