Seguía coa máxima atención as súas colaboracións no xornal La Voz de Galicia ata a súa derradeira no mes de Xullo. O intelectual Galeguista Don Francisco Fernández Del Riego Vilanova de Louranza, (Lugo) 7 de Xaneiro 1913 Vigo 26 de Novembro 2010.
Avogado e escritor Don Francisco era un home entregado o traballo e o idioma Galego, a cuxo estudo entregou toda a súa vida, ten comentado traballando nunca me aburro. Del Riego diríxeo a Fundación Penzol desde 1963, e aínda ai pouco que acudía o seu despacho diariamente. A retranca estaba sempre presente nas súas conversas, ten comentado que non deixara de ler nin un so dia desde os 16 anos.
Fernández Del Riego era o supervivente dunha xeración de intelectuais galeguistas . Os que traballamos antes xa non contamos para nada, a min a política decepcionoume moito no seu proceso eu era un idealista pragmático, pero hoxe a política é outra cousa que eu non entendo.
Impartiu clases na Universidade de Santiago, da cal foi apartado o comezo da guerra civil,o escritor, artífice da posta en marcha xunto con Ramón Piñeiro da editorial Galaxia, foi un dos fundadores do partido Socialista Galego,e posteriormente do partido Galeguista,diríxeo a Biblioteca da fundación Penzol ,ingresou na Real Academia Galega, e presidiuna desde 1997 ata o 2001,impulsou a creación do dia das letras Galegas,foi membro do seminario de Estudos Galegos.
Entre as súas obras destacan: cos ollos do noso esprito, Galicia no espello, Historia de la literatura Galega.
Tivo numerosos recoñecementos , a medalla Castelao o premio Trasalba, Otero Pedrallo, a medalla de Ouro da Universidade de Santiago, o premio das letras e das Artes de Galicia,Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo.
Víctor Freixanes dixo del, foi unha das columnas da patria.Descanse en paz un home Galego ao que debemos eterna gratitude.
Francisco E Maya Seoane

















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



