O BNG corrixe a información na resposta dada pola Conselleira de Política Social e Igualdade con respecto á Unidade de Atención Temperá
Burela, 25 de agosto 2025. O pasado 23 de xuño o grupo parlamentar do BNG da man do deputado mariñán Daniel Castro rexistraba unha pregunta para resposta escrita e unha Proposición non de lei para o seu debate na comisión 5ª sobre a Unidade de Atención Temperá de Burela, na que se instaba á Xunta de Galiza a asumir a xestión directa da Unidade de Atención Temperá de Burela antes de que remate o ano 2025 e en diálogo cos concellos afectados.
“Mentiras e inexactitudes. A Xunta non quere asumir as súas competencias na materia”
A pasada semana foi recibida resposta por escrito á pregunta realizada e nesta a Consellería de Política Social e Igualdade mestura un cúmulo de mentiras e inexactidudes cun afán desmedido por desviar a atención para non asumir as súas competencias.
Segundo a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Burela, a nacionalista Sandra Fernández, “hai moitas cousas que matizar sobre a resposta. Para comzar pola xestión posto que A unidade é de titularidade municipal desde o ano 2006. Antes estaba xestionada pola Mancomunidade da Mariña, formada polos 16 concellos da comarca, e non unicamente por Burela, Alfoz e Lourenzá como sinalan. Ademáis, non é certo que se financien ao 100%. A Xunta só cobre os custes de persoal, mentres que o Concello de Burela debe asumir tamén o espazo, a limpeza, o mantemento e as ferramentas de traballo que precisa o equipo”.
Seguiu Fernández sinalando que “o mais grave da contestación é sobre o tema da praza de logopeda: é falso que os servizos sociais aceptasen a externalización. O que fixemos, como saíu recollido en varias ocasións nos xornais da comarca nestes últimos meses, foi pedir axuda á Xunta para que se fixese cargo da contratación do persoal, nunca para externalizalo. De feito, o Concello de Burela está xa tramitando a contratación provisional dunha logopeda por 9 meses, ata que se faga efectiva a nova RPT, porque defendemos servizos públicos de calidade fronte ás fórmulas privatizadoras ás que a Xunta recorre habitualmente”
Os nacionalistas demandan da Xunta que asuma a xestión directa da UAT de Burela
O deputado mariñán, Dani Castro, destacou que “o descoñecemento da Xunta sobre a realidade da unidade queda patente cando suxiren aumentar profesionais sen ter en conta que no espazo actual é imposible crear máis despachos. Por iso, o Concello solicitou hai meses que se cedese a antiga Casa do Mar para ampliar servizos sociais e mellorar a atención”.
Por iso Castro indica que “entendemos que é a Xunta quen debería facerse cargo directamente dun servizo que é da súa competencia, e non un concello que xa conta cun número de profesionais sociosanitarios superior ao dun centro de saúde. Como xa vimos demandando dende fai meses, a Xunta de Galicia debe coordinarse co Goberno do Esstado para arranxar a infraestructura e crear un gran centro de servizos sociais que sexa referencia na comarca e no que se integre a UAT xunto con outro servizos coma UAD, servizos sociais comunitarios ou o CIM”




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



