Ribadeo, 29 de agosto de 2025. O XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, celebrado en Ribadeo deste o mércores ao venres desta semana, contou con 60 participantes, o que supón un récord de asistentes a este evento organizado pola asociación Apaga.
O presidente do colectivo organizador, Álvaro Doural, fixo un balance “moi positivo. Creo que foi un acerto este programa: por unha parte o referido aos vehículos eléctricos tivo un peso importante nestes tres días de xornadas de traballo; por outra parte, o tema de internacionalización, coa participación do profesor de Colombia, o técnico de empresa de Lisboa (Portugal) e os profesores italianos de Brescia”.
Alvaro Doural destacou: “tivemos máis participantes que outros anos, a previsión que había incrementouse sensiblemente. E saíu ben porque se fai un traballo dun ano para outro, indo pouco a pouco durante todo o ano e isto é recoller o froito desa labor que se fixo, de contactos, de chamar a moitos sitios e todo ese tipo de cuestións necesarias para organizar un evento como este”.
Universidade africana
O presidente de Apaga considera que “a internacionalización é un tema que ten moita capacidade de incrementarse, hai moito potencial para poder facer cousas e continuamente van xurdindo outras opcións; por exemplo unha universidade africana, de Ghana, tamén está interesada en traballar con nós. Isto é gratificante para todos: para o profesorado, para o alumnado e para nós tamén, aínda que moitas veces eu teña a sensación de que isto que estamos facendo non importa moito na Mariña. Pero imos seguir aí mentres poidamos porque eu teño clarísimo que este é o camiño”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



