Tamén avaliaron a proposta municipal para acometer a rede de saneamento no núcleo de Paraxes, na parroquia de Fomiñá, así como a construción dunha estación depuradora de augas residuais na contorna da Reigosa
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2025. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá co alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, para abordar proxectos de interese para o municipio en materia de augas.
Durante o encontro, a conselleira e o rexedor estudaron as correccións introducidas, a petición de Augas de Galicia, no proxecto inicial para mellorar a rede de pluviais no lugar de Vilagromar. Esta actuación, cun orzamento inicial estimado de máis de 110.000 euros, ten como obxectivo evitar a afectación das augas de escorrentía en varias vivendas da contorna. A previsión é proceder á licitación da obra en canto os técnicos do organismo hidráulico analicen a documentación actualizada.
A maiores, tamén avaliaron a proposta municipal para acometer a rede de saneamento no núcleo de Paraxes, na parroquia de Fomiñá, así como a construción dunha estación depuradora de augas residuais na contorna da Reigosa. Nese senso, a conselleira trasladoulle ao alcalde que o persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto de cara a avaliar a súa viabilidade ou a estudar posibles alternativas.
Nese senso, a conselleira subliñou que, aínda que a prestación dos servizos de saneamento son unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten.
De feito, o orzamento de Augas de Galicia sobe este ano 2025 preto dun 5%, ata os 144 millóns de euros, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación así como a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


