Cervo, 4 de setembro do 2025. O Pleno do Concello de Cervo aprobou este xoves unha moción na que se reclama unha mellora da atención sanitaria no municipio instando ao Goberno de España a ampliar o número de prazas MIR, un déficit que afecta aos servizos de saúde das distintas comunidades autónomas, e que garantiría a cobertura das prazas nos centros de saúde de Cervo e San Ciprián. Ademais, na moción tamén se insta á Xunta, a que unha vez que o Estado amplíe a oferta de profesionais e se formen máis médicos especialistas, cubra e reforce o persoal do Hospital da Mariña, e as tres prazas de facultativos nos centros de Saúde de Cervo e San Cibrao, de xeito que se estableza unha atención continuada, estable e de calidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, explicou que “a cuestión de fondo é que non existen médicos suficientes e, mentres non se convoquen máis prazas e non se forme novo persoal, seguiremos sufrindo recortes e demoras”. Nese sentido, apelou ao Executivo central a incrementar de maneira urxente a oferta pública de emprego, garantindo que haxa facultativos para cubrir as necesidades actuais e futuras.
Caramés fixo fincapé no seu interese e no seguimento constante da situación, destacando que mantén contacto diario coa xerencia da área sanitaria Lugo – A Mariña e Monforte de Lemos, tanto por vía telefónica como en reunións presenciais, como a celebrada este verán. “A saúde da nosa veciñanza é unha prioridade absoluta para este Goberno municipal, e por iso estamos a traballar con rigor e responsabilidade para defender unha sanidade pública de calidade e con asistencia garantida”, apuntou.
A rexedora incidiu, ademais, en que “é fundamental que se manteñan os tres médicos que actualmente prestan servizo nos centros de saúde do Concello, porque iso garante unha atención mínima imprescindible para os nosos veciños e veciñas”.
O Concello de Cervo reitera así a súa aposta por un sistema sanitario público sólido e reclama ao Estado un compromiso firme para dotar de máis profesionais o conxunto da rede asistencial.
Engadiu que “non se pode pedir á Xunta que cubra prazas que simplemente non existen. Necesitamos que o Estado faga a súa parte e aumente a oferta de emprego público para garantir que haxa profesionais dispoñibles. Só así poderemos ter unha sanidade xusta e de calidade”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



