HOXE DA COMEZO EN RIBADEO A CAMPAÑA AS COMPRAS NA TÚA VILA TEÑEN PREMIO, UNHA INICIATIVA QUE PREMIARÁ CON 3.000 EUROS A CONFIANZA NO COMERCIO TRADICIONAL DA VILA.
Ribadeo, 29 de novembro de 2010. A Federación Galega de Comercio e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo presentaron hoxe unha campaña de animación ao consumo nas vilas galegas, que baixo o lema As compras na túa vila teñen premio váise desenvolver en Ribadeo entre este 29 de novembro e o 11 de decembro. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio tradicional con dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros, xentileza de Caixa Galicia.
O presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, explicou que “nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional ribadense poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na rúa San Francisco ou dárllelos ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila e canxealos polos boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o 11 de decembro nunha carpa ubicada na mesma rúa, dentro do programa dunha festa final de campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 19.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores”. Ese día, 11 de decembro, haberá pasarrúas, zancudos e malabaristas, espectáculos de maxia cómica e a actuación musical da cantante de O Incio Lucía Pérez.
Seijas tamén destacou que “os clientes que aporten aos promotores o xustificante de pagar coa Tarxeta Mastercard do Comercio Galego, duplicarán a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket de compra presentado”.
O presidente de ACISA/CCA de Ribadeo, Francisco Iriarte, dixo que “en la Asociación de Comerciantes de Ribadeo trabajamos día a día por mantener y mejorar la tradición comercial que siempre ha tenido la villa. Somos un referente tanto en la Mariña de Lugo como en el Occidente asturiano y con las campañas realizadas durante todo el año lo que pretendemos es dinamizar las compras en un sector que sigue apostando por la modernización, pero manteniendo el sabor del comercio tradicional, del comercio de siempre, del comercio cercano y familiar. El que viene a Ribadeo puede comprar con tranquilidad recorriendo las calles comerciales más importantes, peatonalizadas hace algún tiempo. El que se acerca a Ribadeo puede aparcar con comodidad en las múltiples plazas habilitadas por el Concello. El que llega a Ribadeo puede disfrutar de un comercio de gran calidad”.
Iriarte engadiu que “desde ACISA y desde el Centro Comercial Aberto de Ribadeo seguiremos apostando y apoyando a nuestro comercio con las diferentes campañas promocionales que realizaremos a lo largo de todo el año y continuaremos escuchando y atendiendo sus demandas. Trabajamos codo con codo con el Concello para dinamizar el sector, de hecho acabamos de renovar un convenio para los próximos tres años que es muy importante para nosotros y para ellos. Y también le damos las gracias por su participación en esta nueva campaña que hoy presentamos a Caixa Galicia, gracias a esta entidad la clientela del comercio de Ribadeo podrá optar a obtener importantes premios por comprar en nuestra villa a lo largo de los próximos días”.
Pola súa banda, Vicente Castro, concelleiro de Economía e Facenda en Ribadeo, manifestou que “a vila é un centro comercial de referencia, cabeceira comarcal que atrae a moitos cidadáns de ambas beiras da ría de Ribadeo e con iniciativas coma ésta sempre se pode ocasionar a presenza de máis xente. Desde o Concello facemos o Mercado de Nadal para atraer xente a Ribadeo nestas datas e estamos na labor de crear máis aparcadoiros aínda que sexan eventuais para dar cobertura á afluencia de xente en datas punteiras como poden ser o nadal, a semana santa ou o verán”.
Ao acto de presentación da campaña As compras na túa vila teñen premio asistiron tamén outros membros da directiva de ACISA/CCA de Ribadeo e a subdirectora da sucursal de Caixa Galicia en Ribadeo, Chus Vizcaíno.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



