Cervo, 5 de setembro, 2025. Nadadores do club lucense están a preparar o inicio da súa tempada de competicións no concello mariñao.
Nesta ocasión, a base de adestramento está situada na piscina de Río Cobo, e nas instalacións do complexo deportivo da Veiga, cedidas polo Concello de Cervo para favorecer a posta a punto do equipo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés e o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, achegáronse a saudar á expedición no Complexo Deportivo da Veiga destacando que “é un orgullo que clubs de referencia como o PortaMiñá confíen en nós para a súa preparación ano tras ano”.
“para o Concello é unha prioridade dinamizar as nosas instalacións e apoiar o deporte de base, tanto coa organización de cursos e actividades propias, como coa acollida de clubs que apostan por vir a Cervo”.
Dende o Concello de Cervo agradecemos ao Club Natación PortaMiñá Lugo a súa confianza, agardando que desfrutasen moito de toda a contorna, xa que non consta que encheron de vida as rúas de San Ciprián e desexámoslles unha excelente tempada!🍀
Club Natación PortaMiñá Lugo