A conselleira do Mar, Marta Villaverde, anunciou os avances na tramitación desta actuación logo da aprobación da Declaración de Impacto Ambiental en agosto
Foz, 6 de setembro de 2025. A Xunta de Galicia encargou xa a redacción do proxecto para a obra de dragaxe do porto de Foz, unha actuación cun custe estimado de 1 millón de euros. Así o comunicou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha visita ao peirao do municipio lucense, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, entidade promotora da actuación, José Antonio Álvarez.
A conselleira lembrou que o pasado 14 de agosto, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, emitiu informe favorable á Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable do proxecto de dragado do porto de Foz, que inclúe unha dragaxe inicial e outras tres de mantemento durante catro anos. Para dar continuidade inmediata á tramitación, Portos de Galicia encargou xa a redacción do proxecto que rexerá a execución das obras.
Marta Villaverde avanzou tamén que en paralelo á redacción do proxecto, realizarase unha actualización da preceptiva caracterización do material de dragaxe a través de catas para identificación dos seus compoñentes de acordo cos prazos establecidos polas Directrices de Caracterización de Material de Dragaxe aprobadas pola Comisión Interministerial de Estratexias Mariñas en 2021. En canto ás autorizacións e permisos necesarios, unha vez redactado o proxecto tramitarase autorización para a vertedura en alta mar diante a Capitanía Marítima de Burela, e para o aporte de area na Praia de Altar, diante o Servizo Provincial de Costas do estado de Lugo.
70.000 metros cúbicos de area
As obras consisten na retirada de áridos dos fondos mariños para a recuperación de calado na dársena pesqueira e a canle de acceso. Prevese actuar en 12.773 metros cadrados, a unha cota de -2 metros, no caso da canle de acceso e en 9.832 metros cadrados, cunha cota variable de entre -1,5 metros e -2,5 metros, no ámbito da dársena. Deste xeito, intervirase nun total de algo máis de 22.600 metros cadrados do porto.
O marco temporal da actuación é de catro anos pois prevese unha dragaxe inicial de 42.715 metros cúbicos de distinto material que está nos fondos portuarios -34.671 metros cúbicos na canle de acceso e algo máis de 8.000 na dársena- e tres dragaxes posteriores de mantemento e de carácter anual nos que se retirarán algo máis de 9.500 metros cúbicos -6.000 da canle e algo máis de 3.500 da dársena- en cada unha delas.
Deste xeito, as cantidades totais a retirar suman de algo máis de 70.000 metros cúbicos dos que a maior parte, máis de 52.000 metros cúbicos, pertencen á canle de acceso e depositaranse na praia de Altar, no concello de Barreiros, ao cumprir os requisitos de calidade necesarios para facelo. Mentres, os máis de 18.700 metros cúbicos restantes procedentes da dársena levaranse ao punto de depósito fixado a uns 8,3 quilómetros da zona da dragaxe, ao noroeste de Foz, entre as rías de Foz e Ribadeo.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



