A Mariña, 15 de setembro de 2025. O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá o vindeiro 1 de outubro o I Foro Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense, cuxo obxectivo é converterse nun punto de encontro para debater o alcance da sostibilidade no sector turístico; contribuír ao recoñecemento económico, social e cultural do turismo; e reflexionar sobre o papel do sector na sociedade actual.
O encontro, no que participarán expertos en turismo e sostibilidade de diferentes organizacións, busca favorecer a comunicación e intercambio de experiencias cos diferentes axentes do turismo na Mariña e coa poboación local, analizar as principais tendencias a nivel global e obter conclusións para o futuro do turismo na comarca. Outra das principais finalidades é a de posicionar A Mariña como un lugar de reflexión e debate sobre os retos e desafíos da actividade turística.
Este I Foro Turismo e Sostibilidade está dirixido a técnicos e profesionais do sector turístico da Mariña Lucense e á cidadanía en xeral, co obxectivo de crear un espazo de intercambio de ideas coas que avanzar cara un modelo de turismo máis sostible no destino. As persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa inscrición, que será totalmente gratuíta,a través do seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/1l9ho2-xkV6N-Hezp4EJPhH1d4K5tbkTI1j1bWZ9lno8/edit
A iniciativa enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade da Mariña, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, e que nos últimos anos vén avanzando na execución de diferentes proxectos que teñen como obxecto favorecer o desenvolvemento dun turismo máis integrador, respectuoso e de calidade no territorio.
PROGRAMA
9:00-9:15h: Recepción e acreditación de participantes
9:15-9:30h: Inauguración oficial
BLOQUE 1. É posible un turismo sostible?
9:30-10:05h: David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center.
BLOQUE 2. Perspectivas
10:15-10:50h: A perspectiva do territorio. Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA
11:00-11:35h: A perspectiva dos destinos turísticos. Mancomunidad de Urola Kosta (Gipuzkoa)
11:45-12:30h: Pausa café
12:30-13:05: A perspectiva das empresas. Patricia Dueñas. Experta en sostibilidade e economía circular. Circle Economye Grupo Iberostar
13:05-14:15h: Mesa redonda
13:05-13:20h: É posible un turismo sostible?. Introdución a cargo de Iñaki Gaztelumendi, consultor estratéxico no sector turístico e asesor de ONU Turismo
13:20-14:15h: Turismo sostible. Modera: Iñaki Gaztelumendi. Interveñen:
David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center
Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA
Patricia Dueñas, experta en sostibilidade economía circular
Representante Mancomunidad Urola Costa
Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña
José Manuel Villapol, representante na Mesa de calidade no SICTED da Mariña e xerente do hotel rural Finca Goleta-Foz
Pepe Peinó, coordinador do programa Mariña Marabillosa






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



