Andrea Azkune Arteche e Adriá Puig Martínez lograron os primeiros postos nas probas de obstáculos senior masculina e feminina, que se disputaron pola mañá. O deputado de Mocidade e concelleiro de Participación e Dinamización Veciñal achegouse ao circuíto instalado en San Bartolo, que reuniu combinados autonómicos de 10 comunidades. A actividade deportiva continúa esta tarde coa celebración das probas de laser run e mañá coa Valkiria Race na que se agardan arredor de 400 deportistas.
Barreiros acolleu este sábado o I Campionato de España Obstáculos Láser Run, organizado pola Federación Galega de Pentatlon e Triatlón e o Club Barreiros Multisport coa colaboración do Concello e da Vicepresidencia da Deputación

Relacionado
-
A Deputación impulsa esta fin de semana a festa indiana de Santaballa para celebrar memoria, cultura e tradición
-
Segue controlado desde o pasado martes ás 21.59 horas o incendio forestal rexistrado no concello de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos, iniciado o domingo 14 ás 16.14 horas
-
Segue controlado desde o pasado martes ás 21.59 horas o incendio forestal rexistrado no concello de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos, iniciado o domingo 14 ás 16.14 horas