Para apuntarse hai que enviar un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com. As clases son totalmente gratuitas.

Para apuntarse hai que enviar un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com. As clases son totalmente gratuitas.
Este martes 30 de setembro "soubemos do pasamento do noso veciño e amigo Xosé Luis Barrera Rei. Desde o BNG de Ribadeo queremos transmitir o noso pésame a toda a súa familia e renderlle homenaxe a unha persoa que sempre amosou as súas inquedanzas pola nosa cultura, polo mundo do deporte, e polo seu país: Galiza". Xosé Luis Barrera Rei estivo vinculado ao mundo da cultura ribadense, nomeadamente ao grupo de teatro, e ao mundo do deporte; tamén foi responsábel local do BNG nos anos oitenta. Tres foron as súas paixóns: Galiza, Cuba e o seu Deportivo da Coruña. Na veciñanza queda un recordo moi agradecido polo seu compromiso co país e con Ribadeo. "Sempre formarás parte da nosa memoria, Barrera".
O evento, que se celebra de maneira alterna entre os dous concellos veciños, está aberto á participación de persoas de diversas idades, con diferentes percorridos segundo a categoría: a absoluta percorrerá 6,5 quilómetros; infantil e cadete, 1,6 quilómetros; alevín, 1,2 quilómetros; benxamín, 600 metros; e os pícaros, 200 metros. A saída da carreira absoluta será dende diante da Casa da Cultura do Valadouro, cunha meta situada no entorno do pavillón de Alfoz. Pola súa parte, as categorías inferiores correrán arredor do parque municipal de Alfoz. Ademais, haberá unha andaina popular como parte da oferta.
Para apuntarse hai que enviar un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com. As clases son totalmente gratuitas.
A cita é ás 20 horas con posteriores petiscos para xs asistentes.
Durante 10 horas combinou parte teórica e práctica. Na teoría trataron conceptos básicos, formación e materias primas en apicultura e fabricación de alimento; e na práctica elaboraron in situ, cos ingredientes necesarios, alimento para as abellas. O obxectivo era amosarlle aos apicultores e aos afeccionados a identificar os distintos tipos de alimentos que utilizar na alimentación das abellas así como a analizar os beneficios que poden conseguir no manexo da colmea grazas a unha correcta alimentación. Na presentación estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, quen agradeceu a asistencia de todo o alumnado, a disponibilidade e atención da Casa do Mel e o financiamento das distintas institucións para que este curso se levase a cabo en Xove.
Pola mañá realizarase unha visita guiada ao mosteiro, así como os seus arredores; a medio día visita a Portomarín, e pola tarde a ao pazo de Tor, en Monforte. O prezo da actividade será de 65€ para socios/as e 75 para non socios/as. Para que se realice a actividade deberá haber un mínimo de 20 persoas inscritas. Non se poderá exceder as 30 por limitacións de público nas visitas. Para inscribirse, enviar un correo indicando nome e apelidos. Para aboar o prezo xa se darán instrucións respondendo a dito correo. Tamén se pode facer a inscrición mediante mensaxe de WhatsApp ao 699809606.
O filme está dirixido por Xan Leira cuxa actividade está centrada na produción editorial e de documentais relacionados coa recuperación da memoria social e política da Galiza e da diáspora galega. O documental recolle testemuñas sobre especialistas no autor como o dos mariñaos Martín Fernández Vizoso e Pablo Rodríguez "Vivín".
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital