O documento é o resultado da unidade de acción do grupo de traballo, promovido pola Xunta, para deseñar unha estratexia que defenda a actividade pesqueira
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025. O Consello Galego de Pesca, presidido pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, aprobou este venres o Ditame que rexeita a proposta do Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 anunciado a finais de xullo pola Comisión Europea, ao considerarse lesiva e prexudicial para Galicia.
O documento, ratificado por todos os integrantes deste órgano consultivo, é o resultado da unidade de acción emprendida a comezos de agosto polo grupo de traballo creado para deseñar unha folla de ruta a este respecto. E é que, lembrou a responsable autonómica, o plantexamento do órgano europeo implica a desaparición do carácter específico do Fempa, supoñendo unha insuficiencia orzamentaria, e a invisibilidade do sector para Europa, restándolle así o carácter prioritario que viña tendo ata a actualidade. Ademais, deixa á discreción dos Estados membros as prioridades e criterios de reparto duns recursos estratéxicos para Galicia, como principal rexión pesqueira europea e, por tanto, a maior beneficiaria do actual fondo.
Galicia segue marcando o rumbo
Por tanto, con este Ditame a Comunidade Autónoma dá un paso máis para sumar argumentos e seguir liderando, da man do sector, a defensa da actividade pesqueira. Unha posición que xa quedou de manifesto a mediados de setembro na reunión co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, no transcurso do Consello Consultivo de Política Pesqueira e Política Agrícola para Asuntos Comunitarios, e na que o Executivo estatal asumiu como propias o 100% das propostas expostas con anterioridade pola Consellería do Mar, confirmando, en consecuencia, que o Goberno galego estaba no certo e que segue a ser a Administración que marca o rumbo nesta nova etapa europea cara o horizonte 2034.
O Ditame é un exemplo da unión entre Administración e sector, pero tamén pon de relevo a capacidade de anticipación da Xunta, pois o Executivo estatal aínda non constituíu o grupo de traballo anunciado polo ministro para establecer unha posición nacional conxunta ante un proceso de negociación complexo e intenso que comeza agora en Europa, e que culminará ao longo do ano 2027, cando se agarda o peche definitivo do marco e a fixación dos montantes asignados a cada Estado membro.
Neste punto, lembrou a conselleira, é o Goberno de España o que ten que avalar dita proposta nun proceso que debe ser aprobado pola unanimidade dos Estados membros.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



