O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a vacina fronte á gripe dispensarase en nove centros educativos lucenses, co obxectivo de chegar 2.300 nenos e nenas de entre 3 e 11 anos
Cospeito, 14 de outubro de 2025. Os escolares do Centro Público Integrado (CPI) Virxe do Monte de Cospeito foron hoxe os primeiros da provincia en acoller o programa piloto da Xunta para a vacinación fronte á gripe nos centros educativos. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, supervisou o inicio da campaña, que é totalmente voluntaria para as familias.
Persoal de enfermería da área sanitaria desprazouse ao colexio para administrar as vacinas, que se aplican por vía intranasal. Estaban convocados un total de 149 alumnos e alumnas, xa que o programa diríxese aos rapaces de entre 3 e 11 anos, isto é, os que cursan de 4º a 6º de educación infantil e de todos os cursos de educación primaria.
No conxunto da provincia a campaña pretende chegar a algo máis de 2.300 rapaces de nove colexios ao longo de dúas semanas. A previsión inicial é que mañá teña lugar no centro Nosa Señora da Asunción de Sarria, o xoves no colexio San Xosé de Lugo, e o venres na Escola de Educación Infantil de Vilalba. O luns día 20 recalará no Vista Alegre de Burela, o martes no Luis Pimentel de Lugo, o mércores no Landro de Viveiro, o xoves no Lagostelle de Guitiriz, e finalizará o venres 24 no centro Doutor López Suárez de Friol, aínda que podería estar suxeita a algún cambio por razóns de organización.
No conxunto de Galicia seleccionáronse 55 centros para acadar unha representatividade dos estratos urbanos, semiurbanos e rurais. En función das coberturas de inmunización acadadas, a Xunta avaliará a extensión do proxecto piloto ao resto de centros escolares en futuras campañas de vacinación.
En cada un destes centros organizáronse reunións coas familias e co equipo de enfermería para informar, resolver dúbidas e entregar a folla informativa e a autorización para a vacinación.
O obxectivo da campaña é acadar unha cobertura do 70% entre os nacidos entre 2014 e 2022 para, deste xeito, diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas deste virus na poboación infantil, evitar a cadea de transmisión ás súas familias e reducir o impacto na poboación en xeral.
Onte tamén arrancou o calendario de vacinación infantil contra a gripe en todos os centros de saúde da comunidade, para cativos entre 6 meses e 11 anos. As familias recibirán un SMS coa cita correspondente.
A campaña de vacinación está activa en Galicia desde o pasado 29 de setembro. Entre as novidades deste ano destacan o citado programa piloto, a extensión da cobertura na poboación infantil ata os 11 anos, ou a administración da vacina antigripal de alta carga para as persoas de 70 a 79 anos, xa que ata o de agora estaba limitada aos maiores de 80, persoas residentes en centro sanitarios e inmunodeprimidas.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



