Burela, 14 de outubro de 2025. A Asociación Esperanza de Burela colocará o vindeiro xoves 16, con motivo do Día Internacional contra o cancro de mama que se celebra o domingo 19 do presente mes de outubro, mesas para recadar fondos para a loita contra o cancro, o obxectivo fundamental do colectivo. As mesas estarán situadas nos lugares de costume, á entrada do Centro de Saúde e no Hospital da Mariña, para que todas aquelas persoas que desexen aportar fondos para axudar á investigación para a detección, tratamento e curación do cancro poidan facelo, á vez que se lles entregará un lazo solidario para remarcar a finalidade da recadación.
Esperanza agarda unha ampla colaboración da veciñanza, dado que o cancro é unha enfermidade que afectou, afecta e afectará a moitas personas, e que existe moita conciencia cidadá para facerlle fronte á mesma.
APORTACIÓN ECONÓMICA A GEICAM
Esperanza fará nos vindeiros días unha aportación económica de 1.500,00 euros ao Grupo Español de Investigación en Cáncer de Mama, GEICAM, un grupo de investigación que conta con máis de 900 expertos en 200 centros sanitarios en toda España.
Constituido en 1995, GEICAM ten como obxectivo promover a investigación clínica no campo do tratamento do cancro de mama, así como a educación médica e a divulgación desta patoloxía na sociedade.
O colectivo xa leva anos facendo aportacións económicas a GEICAM, e a outras entidades adicadas á investigación do cancro, gracias ás achegas que a veciñanza fai a través das mesas coloca Esperanza, de donativos, ou mercando lotaría, calendarios, etc.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



