Cervo, 14 de outubro, 2025. O Concello de Cervo foi distinguido coa Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento que outorga a Xunta aos municipios máis comprometidos coa sostibilidade e a protección do medio natural.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, recolleu hoxe o distintivo no Pazo de Mos, nun acto presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e pola conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez.
Esta distinción pon en valor o traballo continuado que o municipio vén desenvolvendo en materia ambiental, a través de accións como a mellora da eficiencia enerxética nos edificios municipais, a reforestación con especies autóctonas, ou o impulso da compostaxe doméstica e comunitaria, entre outras medidas.
Durante o acto, a rexedora destacou que este galardón “é un recoñecemento colectivo, froito da implicación da veciñanza e das iniciativas que se veñen impulsando desde o Concello para avanzar cara a un modelo máis sostible”.
Engadiu ademais que “a Bandeira Verde é un estímulo para seguir traballando con ilusión e responsabilidade, reducindo a nosa pegada ecolóxica e contribuíndo a un futuro máis saudable e respectuoso co medio ambiente”.
Con este distintivo, Cervo consolídase como un concello referente en Galicia na posta en marcha de políticas ambientais e na promoción da conciencia ecolóxica entre a cidadanía.


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



