Os deputados e deputadas con responsabilidades en Medio Rural do Parlamento e da Deputación participaron na xornada de hoxe
Mondoñedo, venres 17 de outubro. Unha ampla representación do BNG asistíu ás San Lucas en Mondoñedo. Na xornada de hoxe achegáronse a Mondoñedo as deputadas e deputados con responsabilidades en Medio Rural tanto no Parlamento coma na Deputación: Ariadna Fernández, Sonia Vidal, Secundino Fernández, Montse Valcárcel e Daniel García, que acompañaron ao portavoz municipal de Mondoñedo Eloi Cabanas e a concelleira Pepa Carballeira, xunto coa alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade Ana Ermida, o alcalde de Muras Manuel Requeixo, o tenente de alcaldesa de Burela Mario Pillado, o responsable comarcal Antonio Veiga e diversos cargos orgánicos e institucionais da comarca.
Apoio ao sector mediante axudas directas para facilitar o manexo de gandeiría no monte
Os nacionalistas, que entre outros actos estiveron presentes na Baixada tradicional dos cabalos dos montes cara á feira, reuníronse e entrevistáronse tamén cos gandeiros e gandeiras e xente do sector en xeral presente na feira. O BNG valora moi positivamente a importante función que desenvolven os gandeiros con gando de monte, sobre todo no que tén que ver coa prevención de incendios. Neste sentido as parlamentarias do BNG manifestaron a necesidade de que haxa un apoio ao sector mediante axudas directas para investimentos que faciliten o manexo de gandeiría extensiva no monte e o seu pastoreo e unha liña específica para promover os plans de aproveitamento silvopastoril na ordenación da superficie das CMVMC que permita o seu recoñecemento no rexistro de montes con uso gandeiro.
É necesario un plan de fomento da gandeiría extensiva
Para os nacionalistas, a superficie comunal constitúe unha oportunidade de emprego e de mellora da economía rural, por eso consideran necesario que desde a administración e en colaboración coas comunidades de montes se impulse un plan de fomento da gandeiría extensiva no monte baseado no pastoreo.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



