Viveiro, 18 de outubro, 2025. O PSOE de Viveiro amósase sorprendido polas declaracións da Alcaldesa, que anunciou tras a súa segunda visita á Deputación de Lugo en sete meses, dende que está no goberno, e destacou que Ile confirmaron o mantemento das subvencións do Belén Viveiro e da Semana Santa.
Dende o grupo socialista considérase positivo que a Deputación siga colaborando con Viveiro -como leva facendo dende hai anos-, pero tamén lembran que é a administración que máis está axudando ó Concello no que vai de ano, e os últimos quince anos, moi por enriba da Xunta.
O PSOE entende que é bo que a Aldadesa se reúna coa Deputación, pero resulta de moita cara e pouca memoria esixir agora todo o apoio, cando durante anos, estando na oposición e formando ela mesma parte da Xunta de Galicia con postos de responsabilidade, non moveu un só dedo por Viveiro.
“Durante o goberno socialista a Xunta non recibiu nunca á anterior alcaldesa María Loureiro, nin Feijoó nin Rueda nin ningún conselleiro aceptaron unha reunión en Santiago. E agora, en só sete meses, a actual alcaldesa foi recibida dúas veces polo Deputado da Área de Xestión Territorial, quen amosou en todo momento unha actitude de plena colaboración”, explican desde o PSOE.
O grupo socialista lembra tamén que Deputación de Lugo foi sempre a administración que garantiu a igualdade entre concellos, gobernase quen gobernase, xa que O Plan Deputación asigna fondos a todos os muncipios en función da poboación.
“Só por ese plan, Viveiro recibirá en 2026, máis de medio millón en euros, unha cantidade fixa e obxectiva que permite financiar obras e servizos, algo que a Xunta nunca fixo, nin garantiu” subliñan dende o PSOE.
O PSOE de Viveiro conclúe que a Deputación foi e segue sendo a que sostén os proxectos e servizos do concello, e chama á alcaldesa a practicar coherencia e memoria política: “Está ben pedir, pero tamé hai que recoñecer quen apoiou sempre a Viveiro e quen a ignorou durante anos”.

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



