A alcaldesa, Ana María López, subliña o compromiso do Concello para que o Centro de Día sexa, por fin, unha realidade
Cariño, 20 de outubro, 2025. O Concello de Cariño iniciou as xestións coa Xunta de Galicia para dar unha solución definitiva ao estado do Centro de Día, unha infraestrutura moi demandada polos veciños e veciñas do municipio e que leva anos paralizada. A semana pasada mantivéronse os primeiros contactos coa Consellería de Política Social e Benestar, que mostrou unha resposta positiva e unha disposición inmediata a colaborar na reactivación do proxecto.
Nos próximos días, técnicos da Xunta de Galicia desprazaranse a Cariño para avaliar o estado actual da obra e elaborar un informe técnico. A partir dese diagnóstico, procederase á elaboración dos orzamentos e ao estudo das distintas vías de financiamento e execución, co obxectivo de determinar a opción máis adecuada para culminar o proxecto e permitir a súa posta en funcionamento.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, subliñou o firme compromiso do Goberno local con este obxectivo, destacando que “sabemos que se trata de un proyecto complejo, pero también somos conscientes de su enorme importancia para nuestras personas mayores y para todo el municipio. Estamos decididos a dar los pasos necesarios para que el Centro de Día sea, por fin, una realidad”.
Desde o inicio do mandato, o Centro de Día foi unha das principais prioridades de actuación do equipo de Goberno, plenamente consciente da relevancia deste servizo esencial para o benestar das persoas maiores.
Durante estes dous anos de xestión no consistorio, o actual Goberno local tivo que afrontar numerosos retos derivados dunha herdanza marcada pola falta de compromiso e o deixamento en distintos ámbitos municipais. A pesar diso, conseguíronse avances importantes en cuestións crave, como a recuperación da potabilidade da auga, e agora trabállase coa mesma determinación para lograr a posta en marcha do Centro de Día.
Neste sentido, a rexedora quixo tamén agradecer a implicación veciñal neste proceso e puxo en valor a colaboración cidadá: “Queremos agradecer sinceramente a la Asociación de Vecinos y a todos los vecinos y vecinas su preocupación, su apoyo y su movilización. Trabajando de la mano y con colaboración institucional, estamos convencidos de que lograremos que Cariño cuente con el servicio que merece”.






















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



