A Mariña, 23 de outubro de 2025. Este sábado, 25 de outubro, terá lugar en Barreiros o primeiro sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán 500 en vales de compra.
Desde FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 20 ao 25 de outubro fagan as súas compras nos negocios asociados a Acia Foz-CCA e nos negocios de Barreiros poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e media e as oito e media pola Praza do Souto, de San Miguel, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:30 horas. Haberá tres premios en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
O tesoureiro e presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos a carón das nosas casas. E imos facelo traendo á Mariña a persoas destacadas pola súa profesión no ámbito do xornalismo, a escritura, o deporte ou o cine. Queremos que sexan un reclamo comercial e por iso van vir pasar unha fin de semana con nós”.
Ata Foz e Barreiros se achegarán esta fin de semana: Carlota Corredera, presentadora, directora e colaboradora de televisión. Na actualidade presenta No somos Nadie en TEN TV e colabora en varios programas de RTVE; David Insua, comunicador, colaborador de televisión en No somos Nadie e de radio en El despertador de RNE, e escribe na revista Semana; e Isidoro Valerio, periodista e comunicador en medios galegos desde hai 41 anos.
Paleo e Cruzado animan “á clientela dos negocios de Barreiros e de Foz a achegarse o sábado á Praza do Souto, de San Miguel, ao arranque desta nova campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense. Contamos cun gran comercio nesta comarca e cunha importante hostalería, que sempre sorprenden a quen nos visita ao longo de todo o ano.
Desde a FCAM queremos seguir facendo Mariña, queremos contar con máis asociacións de comerciantes e hostaleiros nos pobos desta comarca para, entre todos, organizar máis eventos que contribúan á dinamización económica desta zona”.
A campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense está organizada pola FCAM e conta co financiamento da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



