Muras, 23 de outubro de 2025. Muras acollerá o vindeiro 9 de novembro a oitava edición do Trail das Besats, unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e integrada no circuíto Galicia Trail Running Series.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez presentaron este xoves a proba, organizada polo concello coa colaboración da institución provincial e a Federación Galega de Atletismo
A proba ofrece catro distintas e modalidades de participación: Maraton, de 43 quilometros e 2.080 metros de desnivel, o Trail Classic, de 27 quilometros con 1.260 de desnivel, Trail Curto, de 12 quiómetros e 570 de desnivel, e a Andaina, tamén de 12 quilómtros de 570 de desnivel.
Os percorrido comezan na área recreativa da Veiga e desenvólvense na contorna de Muras, aproveitando as paisaxes que ofrece a Serra do Xistral e a ribeira do Eume, un dos grandes alicientes da proba, xunto ao nivel de esixencia deportiva.
Manuel Requeijo valorou “a traxectoria da proba, que foi evolucionando ao longo dos últimos anos ata converterse nun referente para os mellores deportistas da modalidade e un dos mellores escaparates posibles para o patrimonio natural de Muras, que tratamos de poñer en valor con todas as actividades deportivas, culturais ou lúdicas que promovemos desde o concello”
Efrén Castro destacou tamén “as posibilidades que ofrece a contorna de Muras para acoller este tipo de probas que, ademais do interese competitivo, supoñen tamén unha oportunidade para proxectarse como de turismo deportivo”
A proba conta xa con mais de 150 persoas inscritas. O prazo para anotarse manterase aberto ata o 5 de novembro
Programa
08:00 h: Saída Maratón
09:30 h: Saída Trail Classic
10:15 h: Saída Trail Curto
10:20 h: Saída Andaina



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.

