Os deputados lucenses no Parlamento de Galicia mantiveron un encontro con membros do PP de Burela no que analizaron as contas do Executivo autonómico do vindeiro ano para a localidade e a comarca
Burela, 27 de outubro de 2025. Os deputados autonómicos do PP lucense Nicole Grueira e Enrique Barreiro puxeron en valor un “investimento histórico” da Xunta para o vindeiro 2026 na Mariña (máis de 25M€) durante unha visita a Burela acompañados polo portavoz do PP local, Manuel Rouco, e concelleiros da formación na localidade á que o Goberno galego prevé dirixir máis de 7M€.
Os populares subliñan que se trata dunhas contas “actualizadas” presentadas “en tempo e forma” contribuíndo a “xerar certezas” e lembran que “o Goberno de Rueda dirixe á provincia de Lugo o maior gasto por habitante (5.754€)” nuns Orzamentos que “consignan fondos para acometer actuacións comprometidas na Mariña” e que “reforzan o gasto social en Galicia” que permite rebaixar impostos a colectivos vulnerables e contempla distintas medidas de apoio ás familias – dedución na renda polo compra de libros e material escolar, gratuidade da educación dende o berce á universidade, apoio en conciliación, incremento nun 41% dos fondos para atención temperá-; ademais da colaboración coas entidades locais por exemplo, cun incremento do 12% do Fondo de Cooperación Local cos Concellos.
“Esta aposta contrasta coa parálise xeneralizada do Goberno Sánchez que non aproba uns Presupostos Xerais do Estado dende o 2022 e que, en lugar de investir na comarca, manteñen os proxectos bloqueados (A-74, falta de mantemento nas estradas nacionais e falta de compromiso con Alcoa…) ante o silencio inexplicable de alcaldes e dirixentes socialistas”, manifestaron.
Os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano prevén para Burela, en partidas directas, máis de 7M€. Ademais dos 3,3M€ para o Hospital Público da Mariña ao que se suman partidas para equipamento e tecnoloxía para atención hospitalaria dos mariñáns, “o Goberno de Rueda contempla outras achegas en beneficio dos bureleses e burelesas”.
Os populares subliñan “a importante achega dando continuidade aos compromisos adquiridos para dar resposta a necesidades da localidade”. É o caso dos investimentos en materia de augas para o que a Xunta prevé dirixir 1,7M€ para a nova EDAR (dun total plurianual de 8,7M€), 1M€ para a mellora do saneamento (dun total de 5,8M€) e 200.000€ para a mellora da potabilizadora de Cervo-Burela. E o Goberno galego tamén contempla outros 760.000€ para o remate do reforzo do dique de abrigo do porto.
O portavoz local, Manuel Rouco, destacou os “numerosos e múltiples investimentos da Xunta en Burela” que demostran “a importancia que a Xunta lle da a Burela e que tamén nos gustaría que llela dera o propio goberno local bipartito que non para de dar bandazos sen centrarse en proxectos produtivos para os veciños e veciñas”.
Nese sentido, lembrou que “todas as grandes obras da nosa vila levan o selo da Xunta gobernada polo Partido Popular” citando algunhas das últimas coma o reforzo no saneamento da vila que rematará coa nova EDAR, o reforzo do exterior do espigón ou o recente segundo dique de abrigo para embarcacións.
IMPORTANTES ACHEGAS PARA A MARIÑA
O proxecto de Orzamentos autonómicos para o 2026 contempla “importantes investimentos para acometer melloras en distintos ámbitos na comarca. E un claro exemplo do seu compromiso coa Mariña é o esforzo inversor da Xunta para a mellora dos sistemas de abastecemento de auga e saneamento, a pesar de tratarse dunha competencia municipal”.
Así, os populares explican que “mentres o goberno de PSOE e BNG se nega a cumprir coa competencia das deputacións de apoiar aos Concellos para garantir este servizo; a Xunta responde ás necesidades dos veciños e prevé dirixir preto de 9M€ no vindeiro ano para actuacións plurianuais que suman máis de 38M€ en relación ao ciclo da auga”: a Edar de Foz, a reparación abastecemento Ribadeo – Trabada e as obras para evitar inundacións no río Fontecova (Viveiro); ademais das actuacións previstas para Burela.
A Xunta tamén prevé acometer outras actuacións nos portos da comarca cun investimento total de preto de 3M€ para o 2026 en intervencións plurianuais que ascenden aos 21M€ (dragado do canal de acceso ao porto de Foz e remodelación da dársena deportiva, acceso ao porto de Ribadeo pola rúa Bos Aires e reforzo do talud, saneamento do porto de Celeiro, reordenación da fachada marítima e do aparcamento, reforzo do dique de Celeiro e mellora do abrigo do porto de Morás); ademais do reforzo do dique de abrigo en Burela.
En materia de rehabilitación de vivenda, o Goberno de Rueda contempla para A Mariña 4,8M€ para o programa Rexurbe (Mondoñedo, Vilalba, Viveiro e Ribadeo). O Goberno galego incrementa nun 40% a partida para a VAC Costa Norte – variante de Viveiro – mellora da LU-540 ata os 4M€ e en materia de infraestruturas educativas prevé 1,4M€ para a reforma do IES María Sarmiento (Viveiro) e o CEIP de San Miguel de Reinante (Barreiros).
Tamén contempla partidas específicas para conservar a costa da Mariña Occidental e da ría Foz Masma (600.000€), levar a cabo obras de eficiencia enerxética no Xulgado de Viveiro (580.000€), impulsar o Polo de Emprego de Mondoñedo, o selo Artesanía Alimentaria ao que se suman Viveiro e Ribadeo, acometer melloras na cuberta do claustro do mosteiro de Vilanova de Lourenzá e a reparación das duchas do albergue de Area.
A área sanitaria contempla, ademais de orzamentos para Hospital Público da Mariña, o incremento das retribucións do persoal e tamén reserva fondos para a licitación do proxecto do novo centro de saúde de Ribadeo e equipamento para a Atención Primaria. “Non hai que esquecer que a Xunta tamén sufraga os servizos públicos de carácter autonómico e as contas do vindeiro ano contemplan as melloras nas condicións laborais non só dos profesionais do ámbito sanitario, senón tamén do sistema educativo ou do servizo contra incendios”, engaden.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



