Cospeito, 28 Outubro, 2025. Tres persoas resultaron afectadas esta tarde por unha acumulación de gas na súa vivenda de Édramo, na parroquia de Xermar, no concello de Cospeito. O incidente obrigou á súa evacuación ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
Segundo informaron os equipos de emerxencia desprazados ao punto, todo apunta a que a orixe do escape estaría nunha cociña de leña.
O 112 Galicia recibiu o aviso arredor das 18:30 horas a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que alertaba dunha posible intoxicación por gas no interior da vivenda. De inmediato, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil e o persoal sanitario.
Á súa chegada, os equipos de intervención procederon a ventilar e asegurar o domicilio para reducir a concentración de gas e evitar novos riscos.
En canto ás persoas afectadas, trátase dun home e dúas mulleres. A unha delas tiveron que practicarlle manobras de reanimación no lugar, aínda que, no momento do traslado ao hospital, atopábase estable.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



