O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregaron o distintivo que acredita a súa excelencia e innovación e o uso de produtos galegos
Ribadeo, 29 de outubro de 2025. O restaurante El Oviedo, un dos referentes da gastronomía galega no norte de Lugo, foi distinguido co selo Galicia Calidade, que recoñece aos establecementos comprometidos coa excelencia, a autenticidade e a posta en valor dos produtos galegos.
A entrega do distintivo tivo lugar no propio restaurante, nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez. Ambos destacaron que a concesión deste selo recoñece o compromiso constante do restaurante coa calidade e coa defensa do produto local, así como a súa contribución á posta en valor da gastronomía galega.
Recomendado pola Guía Repsol, o restaurante destaca pola súa cociña contemporánea, baseada en produtos de proximidade e na economía circular. O seu equipo aposta por unha xestión responsable e polo aproveitamento integral dos recursos, convertendo estes valores nun sinal de identidade.
Javier Arias sinalou que a marca Galicia Calidade “prestixia os nosos produtos e servizos, e con elo fortalece a nosa posición no mercado turístico nacional”. Explicou que o restaurante poderá empregar este distintivo nas súas accións de comunicación e promoción, así como na nova sinalización exterior do establecemento, reforzando a súa imaxe como símbolo de confianza, autenticidade e bo facer galego.
Pola súa banda, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, puxo en valor “a traxectoria exemplar de El Oviedo, un establecemento con máis de medio século de historia que soubo evolucionar mantendo intacta a esencia da cociña galega”. Subliñou que “El Oviedo é un exemplo de como o respecto polas raíces pode convivir coa innovación e coa modernidade. A súa incorporación á familia Galicia Calidade é unha garantía para o consumidor e un orgullo para todos nós”.
Sobre Galicia Calidade
Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 170 empresas adheridas e máis de 880 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



