Viveiro, 31 de outubro, 2025. O PSOE de Viveiro celebra que o proxecto para a rexeneración ambiental e posta en valor da Praia de Covas, o sistema dunar máis extenso da provincia de Lugo, avance coa súa aprobación definitiva e posterior execución das obras.
Trátase, explican, “dun proxecto impulsado polo anterior goberno municipal socialista, sendo alcaldesa María Loureiro, e promovido polo Ministerior de Transición Ecolóxica e o reto Demográfico. En febreiro de este mesmo xa se presentaba a licitación para a redacción do proxecto, adxudicada e redactada meses despois que permite agora iniciar esta nova fase administrativa”.
A actuación abrangue medidas clave para frear o deterioro progresivo do areal e das súas dunas, protexendo un ecosistema de grande valor natural e paisaxístico. O proxecto contempla:
– A elimininación de especies invasoras e a repoboación con especies autóctonas.
– A instalación de novas pasarelas de madeira e bancos para mellorar o acceso ó areal.
– A colocación du valado perimetral para garantir a conservación das dunas e evitar a súa degradación.
Trátase dunha obra necesaria e ambiciosa pensada para preservar o patrimonio natural de Viveiro e mollarar a accesibilidade e a seguridade das persoas ususarias da praia, contribuíndo ademáis a un turismo máis sostible e respetuoso co medio.
Desde o PSOE de Viveiro subliñan “que este proxecto é un novo exemplo do intenso traballo e da planificación que o anterior goberno socialista deixou en marcha”.
“Hoxe o que se está vendo en Viveiro é o resultado da nosa xestión. Durante o noso mandato traballamos con seriedade, xestionando proxectos estratéxicos e tocando portas en todas as administracións. Moitas das actuacións que agora se anuncian son froito dese esforzo constante que hoxe dá os seus resultados. O tempo acaba poñendo en valor o traballo ben feito” subliña a voceira socialista María Loureiro García.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



