Ribadeo, 1 de novembro de 2025. O Concello de Ribadeo lanza a sétima edición das Panchas para dinamizar o comercio local. Na campaña, que arrincou este sábado, participan 84 negocios locais.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, explica que “o Concello de Ribadeo pon en marcha a sétima edición da moeda local Pancha, unha iniciativa que busca impulsar o consumo nos establecementos do municipio e fomentar a economía de proximidade”.
A edil ribadense subliñou que “a campaña, que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 31 de decembro, conta cun investimento de 85.000 euros, achegados polo propio Concello e coa colaboración da Xunta de Galicia”.
Sobre o funcionamento Marta Saiz dixo que “por cada 30 euros que compren ou paguen os participantes poden obter 40 panchas para consumir nos establecementos adheridos. Hai un límite máximo de adquisición por persoa (400 Panchas por persoa). Tamén existe un límite de 150 panchas por cada compra para diversificar os beneficios. A partir dese importe a diferenza deberá pagarse en euros. A moeda emprégase nun “moedeiro dixital” chamado PanchaPeto — non hai que recoller billetes físicos, só usar a aplicación ou sistema habilitado”.
A concelleira de Comercio indicou que “durante a campaña poñeranse en circulación 260.000 panchas, que poderán gastarse nos comercios e locais de hostalaría adheridos, o que supón un gran aforro para as persoas consumidoras e un forte impulso á economía local en época de menor consumo, propiciando ademais que o diñeiro se quede no propio municipio e beneficiando tanto aos negocios como á veciñanza”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou que “Acisa colabora por sétimo ano co Concello de Ribadeo nesta importante campaña prestando asistencia e asesoramento tanto aos negocios como a aquelas persoas particulares que precisen axuda para descargar a aplicación e para explicarlles o funcionamento da mesma”. E animou a disfrutar da moeda local de Ribadeo: “chegan épocas importantes, como o Nadal, de aí que a pancha sexa unha grande axuda para os agasallos desas datas, para as ceas ou comidas de amizades e familiares, ou para mercar artigos de tempada, agora que se aproxima o inverno”.
As bases completas da campaña e a listaxe de establecementos adheridos poden consultarse na web ww.pancharibadeo.gal.






















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



