O delegado territorial, Javier Arias, destaca o éxito desta iniciativa, que só durante a primeira xornada mobilizou na provincia vendas por valor de 769.000 euros
Lugo, 6 de novembro de 2025. A Xunta incentiva as vendas no comercio local da provincia de Lugo coa posta en marcha da segunda edición dos bonos Activa Comercio en 2025, que se poden descargar desde onte mércores.
O número de establecementos lucenses adheridos rolda o milleiro, dos que máis de 270 están na Mariña. O delegado territorial, Javier Arias, visitou esta mañá algún deses negocios: o salón de peiteado Xenes e Bebé Ratón, en Lugo, así como Kody, Cocolatte e Óscar Joyeros, en Viveiro. Durante as visitas, destacou a gran acollida que está a rexistrar a campaña e explicou que, só durante a primeira xornada, trocáronse na provincia máis de 170.000 euros en descontos, cunha mobilización total de vendas de arredor de 769.000 euros.
Na xornada do seu lanzamento, en toda Galicia descargáronse arredor de 162.000 bonos e mobilizáronse vendas por valor superior aos 5,7 millóns de euros nos preto de 7.300 negocios adheridos.
Arias lembrou que se trata da segunda convocatoria dos bonos Activa Comercio deste ano, á que o Goberno galego destina 2,5 millóns de euros coa previsión de mobilizar 8,5 millóns en vendas nos establecementos de proximidade de toda a comunidade. O obxectivo é incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector.
Lembrou ademais que, como novidade, os locais non teñen que adherirse de novo para participar na iniciativa senón que segue vixente a adhesión da primeira edición para gañar en axilidade. En todo caso, se algún comercio desexa sumarse ten de prazo ata o 15 de decembro ou ata que remate o crédito dispoñible.
Funcionamento dos Bonos
Cada bono ofrece un desconto de 30 euros que pode empregarse directamente na adquisición de produtos ou servizos nos comercios adheridos. As persoas consumidoras interesadas poden descargalos desde a web www.bonosactivacomercio.gal e canxealos nos establecementos mediante o seu formato dixital QR. O importe irase reducindo en función do valor da compra.
En canto á contía da rebaixa, será de 5 euros para as compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30; e de 10 euros para as adquisicións iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.
Como en ocasións anteriores, cada persoa pode descargar un único bono e non se limita de usuarios, se ben os bonos descargados non se poderán utilizar unha vez se esgote o crédito total de 2,5 millóns de euros, aínda que non se teñan consumido na súa totalidade.
O delegado territorial subliñou a importancia deste tipo de iniciativas que “teñen demostrado ser un éxito absoluto e que axudan aos comerciantes a manterse competitivos”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



