Rego reclama a Hereu o compromiso do Goberno para desenvolver medidas que garantan o mantemento da actividade e os postos de traballo
Madrid, 12 de novembro de 2025. Durante a sesión de control ao Goberno do Estado, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demandou ao Ministro de Industria e Turismo o compromiso do Goberno para o mantemento da actividade e dos postos de traballo na planta de Alcoa en San Cibrao. Rego sinalou a Jordi Hereu a necesidade de que o Goberno se abra á intervención pública, aínda que sexa temporal, para garantir a continuidade da actividade de alumina e aluminio na Mariña.
“Que accións está a desenvolver o Goberno ante o incumprimento por parte de Alcoa do Acordo de Viabilidade asinado en 2021 coa representación das traballadoras?” foi a pregunta formulada polo deputado do BNG no Congreso ao Ministro de Industria. Unha cuestión central para a comarca da Mariña e para as traballadoras e traballadores ante a crise que atravesa Alcoa San Cibrao nos últimos anos.
O deputado nacionalista, neste sentido, exixe concreción ao Ministro de Industria porque a realidade é que o Acordo asinado por Alcoa coas traballadoras e traballadores -asinado en 2021 e modificado en 2023- “non está facendo que o Ministerio actúe: só están activas 230 das 512 cubas de electrólise, non se está a construír o novo forno de cocción de ánodos, cun orzamento que ultrapasaba os 100 millóns de euros”.
“As constantes declaracións por parte de Alcoa poñen en cuestión a continuidade da actividade da planta na Mariña e, ante esta incerteza, o Goberno debe abrir a porta á intervención pública, aínda que sexa de maneira temporal até que se poida traspasar a un operador cun proxecto industrial fiábel, solvente e de futuro” reclama Néstor Rego durante a pregunta. O BNG, continúa o deputado nacionalista, reclama esta intervención pública, igual que fan sindicatos e o conxunto das e dos traballadores da planta; igual que reclama a sociedade galega.
“Sabe importancia da planta de Alcoa en San Cibrao para a Galiza. Un sector estratéxico” subliña Néstor Rego dirixíndose ao Ministro de Industria. Hereu, pola súa parte, coincide en sinalar que a instalación desta industria é estratéxica para a Galiza e para o conxunto do Estado español e mesmo para Europea. “Estamos a falar dun produto esencial que se emprega para outros sectores como automoción, aviación, construción ou electrónica” enumera.
Néstor Rego valora que a resposta do ministro de que están “a traballar para facer posíbel o futuro de Alcoa na Galiza, con Alcoa ou outra xente” é excesivamente ambigua e inconcreta. Máis aínda se se ten en conta que o Ministerio e a Xunta asinaron un Memorando de Entendemento con Alcoa – que aínda é secreto- e que non serviu para resolver a crise. De aí a insistencia do BNG na intervención pública da planta.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



