A Mariña, mércores 12 novembro. Tal como en días pasados anunciou a portavoz nacional do BNG Ana Pontón en Muras, na súa visita ás instalacions do Grupo Plásticos Ferro xunto co alcalde Manuel Requeixo, o grupo parlamentario do BNG vén de presentar unha batería de inciativas para que o Partido Popular desbloquee o agardado inicio do Polígono. Estas inciativas que consistien en proposicións non de lei para pleno e para comisíón e tamén preguntas para resposta oral e escrita serán defendidas polo deputado mariñao Daniel Castro, quen explicou que “o concello de Muras iniciou no 2018 os procesos necesarios para que este concello do rural puidese contar cun polígono industrial, a sabendas de que exsistia e existe un grande interese de diversas empresas do sector do plástico, como é o caso do Grupo Plásticos Ferro, de afincar as súas naves e centros laborais nesta localidade e precisar máis metros cadrados para seguir medrando como empresas”.
Sectarismo do PP desde a Xunta: sete anos poñendo atrancos ao Concello de Muras
Sete anos despois do inicio do proceso por parte do concello que foi dando os pasos necesarios e presentando os preceptivos informes para comezar a construcción do polígono, a Xunta de Galicia e o Partido Popular continúan a poñer trabas para que Muras poida seguir medrando.
O obxectivo destas iniciativas, continuou explicando Castro, “é reclamar ao Goberno do PP que apoie o desenvolvemento de solo empresarial no concello de Muras, dado que hai unha base económica para que este solo se poñe en funcionamento e se poida crear emprego e riqueza, algo que considerou fundamental en todo o País, pero moito máis nas zonas interiores de Galiza que están sufrindo o despoboamento”






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



