Trabada, 13 de novembro de 2025. O Concello de Trabada anuncia a apertura do prazo de inscrición, ata o 26 de novembro, para participar no curso “A00-010. Nivel básico de informática”, unha actividade totalmente de balde dirixida aos veciños e veciñas do municipio dentro do programa “E para dixitalizarse Lugo”, impulsado pola Deputación de Lugo e financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
Lugar de impartición: Casa da Cultura, Rúa do Concello nº 40, 27765 Trabada
Datas e horarios: 12 e 19 de decembro de 2025 // 9, 16, 23 e 30 de xaneiro // 6, 13 e 20 de febreiro de 2026. Horario: de 18:00 a 21:00 horas. 13 e 20 de decembro de 2025 // 10, 17, 24 e 31 de xaneiro // 7, 14 e 21 de febreiro de 2026. Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Prazas ofertadas: 12.
Inscrición presencial: As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición presencialmente no Concello de Trabada ata o 26 de novembro.
O curso ten como obxectivo achegar coñecementos básicos de informática ás persoas que desexen iniciarse no uso do ordenador e das novas tecnoloxías, facilitando así a súa integración dixital e o acceso aos servizos en liña.
O alcalde de Trabada, Rubén García, anima a todos os veciños e veciñas a aproveitar esta oportunidade formativa totalmente gratuíta, destacando “a importancia de avanzar na dixitalización como ferramenta para mellorar a vida cotiá e o acceso aos servizos públicos”.
Ademais, dentro deste mesmo programa “E para dixitalizarse Lugo”, tamén está en marcha outra acción formativa centrada na firma dixital, Chave365 e certificados electrónicos, que se desenvolverá nas seguintes datas:
Lugar: Casa da Cultura
Días: 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17 de decembro
Horario: de 10:00 a 13:00 horas
Prazas limitadas: 12
Inscrición presencial: no Concello de Trabada, ata o 23 de novembro.
Deste modo, o Concello de Trabada continúa apostando pola formación dixital e pola capacitación da cidadanía para o uso das ferramentas tecnolóxicas que facilitan a relación coa administración e co entorno dixital.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



