Viveiro, 13 de novembro, 2025. O PSOE de Viveiro a través do Grupo Parlamentario presentou tres enmendas ós Orzamentos da Xunta de Galicia de 2026 que afectan directamente ó Concello de Viveiro. O obxectivo “é que o noso municipio reciba o investimento que merece e non quede, unha vez máis, relegado nos plans do Goberno Galego”.
A primeira emeda refírese á Vía de Alta Capacidade Costa Norte, “que o PP prometeu impulsar tras a moción de Censura en Viveiro”.
A Xunta asigna só 4 millóns de euros para 2026, cando o ano pasado presupostara 4, 7 millóns e anunciara que neste exercicio chegarían ós 10 millóns.
“Esta reducción é unha nova mostra de que non teñe intención ningunha de licitar nada. Hai que redactar o proxecto, facer as expropiacións e licitar as obras. Con este orzamento é inviable. Están volvendo a tomarlle o pelo á Mariña e a Viveiro.” afirman dende o PSOE.
Os Socialistas lembran ademais que o acordo da moción de censura incluía a licitación da vía en dous anos, “algo que xa se ve imposible coa dotación orzamentaria actual”.
“Sorpréndenos o silencio e a pleitesía da Alcaldea de Viveiro, e dos seus socios de Goberno de Por Viveiro, que xa que nin unha nin os outros se atreven a reclamarlle nada á Xunta. A alcaldesa prefiere contentarse cunha foto, para facer que ver que a ela sí a reciben en Santiago, pero queda soamente nunha visita.”, engaden.
A segunda emenda solicita o incremento da partida destinada ó muelle de Viveiro, anunciado pola Consellería do Mar e de Portos de Galicia como un proxecto de 1,8 millóns de euros para humanizar toda contorna portuaria. No obstante, nos orzamentos do 2026, só aparecen 165.289 euros “unha cifra que apenas da para unha pequena actuación, sen solucionar os problemas do muelle de Viveiro”.
“Outra tomadura de pelo: anunciouse ós poucos días do nombramento da Alcaldesa, con foto incluida. Para logo deixar migallas nos orzamentos”. denuncia o PSOE.
A terceira emenda própón incluir unha partida de 300.000 euros para completar a mellora da Rúa do Porto de Celeiro, no tramo que pertence a Portos de Galicia. O anterior goberno socialista de Viveiro, en convenio coa Deputación de Lugo, executou a parte máis custosa,da actuación -renovación de pavimentos, beirarrúas, saneamento, e abastecemento-, e agora só resta a parte final da fachada marítima, de competencia autonómica.
“Portos debe asumir a súa parte e completar a obra. Por iso presentamos esta emenda para que a Xunta faga o que lle corresponde”, subliñan os socialistas.
O PSOE de Viveiro lamenta, que un ano máis, “a Xunta se esqueza de Viveiro nos seus orzamentos, e critica que a Alcaldesa non presente ningunha proposta nin defenda os proxectos que o municipio necesita”.
“A Alcaldesa fai moitas fotos pero non trae nada. Os feitos están nos orzamentos, e Viveiro volve a quedar fora deles, conclúen.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



