A actuación permite incrementar nun 45% o grao de iluminación e reducir á metade o consumo enerxético, continuando co plan de mellora das instalacións deportivas municipais
Vilalba, 12 de novembro de 2025. O Concello de Vilalba vén de renovar a iluminación do pavillón do CEIP Insua Bermúdez coa instalación de 21 focos de tecnoloxía LED, substituíndo por completo a antiga iluminación.
Esta mellora permite incrementar nun 45% o grao de iluminación e reducir nun 50% o consumo enerxético, apostando por un modelo máis eficiente e sostible.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “este tipo de actuacións son un exemplo do compromiso do goberno local coa mellora continua das instalacións deportivas e educativas, garantindo espazos modernos e en mellores condicións para quen os utiliza cada día”.
A actuación dá resposta ás demandas tanto da comunidade educativa do CEIP Insua Bermúdez como das entidades deportivas que empregan o pavillón para os seus adestramentos e actividades semanais.
Esta mellora súmase ás intervencións realizadas recentemente nos vestiarios do mesmo pavillón, onde se renovou a cuberta e a fachada e se substituíron os termos de auga quente por unha bomba de calor con sistema de aerotermia, o que permitiu multiplicar por cinco a capacidade de auga quente, pasando de 200 a 1.000 litros.
Rouco subliñou que “estas melloras son o reflexo dunha xestión baseada na planificación e na resposta ás necesidades reais das persoas usuarias das instalacións municipais”.
Dende a Alcaldía destácase tamén que esta actuación forma parte do plan de mantemento e modernización das instalacións deportivas municipais, no que se inclúen outras intervencións recentes como o cambio de pista e da iluminación a LED no pavillón do CEIP Mato Vizoso ou a instalación de canastras con sistema de elevación automática no mesmo recinto.
Con estas actuacións, o goberno local continúa avanzando na posta a punto das infraestruturas deportivas de Vilalba, garantindo que todos os espazos públicos conten con condicións óptimas para o seu uso diario.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



