Foz, 13 de novembro de 2025. Este sábado, día 15 de novembro, Foz acollerá a VI Velada de Kickboxing Arenka Fight Night, que se celebrará no pavillón Torques, de Marzán, e o VI Cross Os Castros, que terá lugar en Cangas.
Ás 19:30 horas abriranse as portas do pavillón Torques, de Marzán, para unha tarde noite onde o deporte de contacto reinará unha vez máis da man do club Foz Contact Ari. Esta será a sexta edición desta proba, pero “sen dúbida será a máis especial porque se loitará por un título nacional”, anuncia o concelleiro de Deportes en Foz, Ángel Fernández Neira, que engade: “contaremos con participantes galegos e portugueses en categorías de lowkick, un campionato neoprofesional e o prato forte da noite, o Campionato de España Profesional entre Lía Murcia e a focega Vanessa Ares. Agardamos contar cun pavillón entregado alentando á referente desde deporte nas nosas terras para que consiga que o cinturón de campioa nacional profesional”.
As entradas poderán adquirirse o mesmo día no pavillón Torques de Marzán, ou anticipadamente na Casa da Xuventude. O venres será a pesaxe ás 18:30 horas na cafetería Namarinos a porta aberta e poderanse adquirir entradas alí tamén.
Este evento foi presentado polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e Vanesa Ares, do club Foz Contact Ari.
E o VI Cross Os Castros terá lugar a partir das 10:00 horas sobre un circuíto de 300 metros para pícaros, 600 metros para benxamíns, 1.000 metros para alevíns, 1.600 metros para infantís, 2.000 metros para cadetes e 6 quilómetros para a competición absoluta. A saída e a meta estarán no campo de fútbol de Cangas.
Está proba está organizada polo Club Atletismo Ría de Foz e Run Foz Run.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



