O senador mariñán subliña que “a obra vaise levar adiante grazas á presión constante do PP local e do PP no Senado, onde temos presentado distintas iniciativas advertindo da existencia do problema e da súa perigosidade a petición do portavoz municipal”
Barreiros, 19 de novembro de 2025. O senador mariñán do PP, José Manuel Balseiro, lembra que “o Goberno de Sánchez tardou máis de 3 anos en encargar o estudo xeotécnico” tras un desprendemento de rochas que afectou ao areal de San Bartolo, en Barreiros. Nese sentido, pregúntalle ao senador socialista “se, sabendo da perigosidade da situación, está satisfeito con este atraso”; xa que o anuncio de que se realizaría un estudo xeotécnico foi realizado por Costas e o Concello en novembro do 2024, despois de ser detectados os problemas na costa no 2021.
“Preto de 5 anos leva o entorno da praia de San Bartolo leva sen ningunha solución e cos cantís deteriorándose cada vez máis, a pesar de que o PP ten advertido en numerosas ocasións do problema, da súa perigosidade e da existencia de fosos, un deles ao carón do paseo que discorre ao longo da praia”. De feito, “a obra vaise levar adiante grazas á presión constante do Partido Popular: tanto por parte dos concelleiros do Grupo Municipal como dos representantes no Senado, onde incidiron a petición do portavoz local, José Manuel Gómez Puente”.
Balseiro aclara, así mesmo, que “quen decide as medidas a adoptar teñen que ser os técnicos” e que “dende o primeiro momento advertimos do problema e nos preocupamos pola seguridade dos veciños e visitantes. Incluso dende o PP temos advertido de que sinalización de advertencia é insuficiente”.
Recentemente, o pasado 6 de outubro, a Comisión de Transición Ecolóxica aprobaba unha moción do Grupo Popular para instar ao Goberno de Sánchez a asumir os traballos necesarios, atendendo a criterios técnicos, para recuperar o entorno e o acceso á praia en condicións de seguridade e normalidade.
“O que levamos tempo demandando dende o Partido Popular é tomar en serio o problema, atendelo coa urxencia que requiría e acometer as actuacións que permitan evitar futuros danos e recuperar en condicións de seguridade un emblemático areal do municipio”, conclúe.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



