Ribadeo, 20 de novembro, 2025. O Concello de Ribadeo, a través do proxecto Ribadeo Cara ao Mar, vén de anunciar unha nova programación de visitas teatralizadas ao Forte de San Damián, unha proposta divulgativa que combina historia, patrimonio e interpretación escénica para achegar ao público a evolución defensiva e marítima da vila dun xeito dinámico e participativo.
As visitas, que terán lugar os días sábado 22 e domingo 23 de novembro, propoñen ao público unha experiencia inmersiva na que guías-actores darán vida a personaxes e episodios históricos vencellados ao forte e á defensa costeira de Ribadeo. A actividade permitirá coñecer non só feitos documentados, senón tamén lendas e curiosidades asociadas a este enclave estratéxico, ofrecendo unha aproximación divulgativa adaptada a todos os públicos.
Os pases desenvolveranse en horarios de mañá e tarde —ás 11:30, 12:00, 13:30, 17:00 e 18:00 horas— e celebraranse no propio recinto do Forte de San Damián, un dos elementos patrimoniais máis relevantes do litoral ribadense.
A participación é gratuita, mais require inscrición previa a través da web municipal: www.fortesandamian.gal/visitas-teatralizadas-2/
Estas visitas forman parte das accións previstas no programa Ribadeo Cara ao Mar para dar a coñecer, poñer en valor e dinamizar o patrimonio marítimo, social e histórico do municipio, favorecendo a súa difusión entre a cidadanía e tamén entre o público visitante.
O proxecto “Ribadeo cara ao Mar” busca poñer en valor o patrimonio marítimo e cultural do municipio a través de accións divulgativas e dixitais. Conta cunha axuda tramitada perante o GALP A Mariña-Ortegal e aprobada pola Consellería do Mar, no marco do FEMPA 2021-2027, cofinanciada pola UE e a Comunidade Autónoma de Galicia.
























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



