Opóñome a Trump, opóñome o fascismo, logo son terrorista. Lévame a esa afirmación un sinxelo razoamento, despois de que a pasada semana o goberno dos EEUU (léase ‘o goberno en pro do dominio dos megamillonarios presidido por Trump’) usara esa palabra para cualificar a organizacións pacíficas de apoio a Palestina. Claro que hai que matizar. A afirmación non se corresponde coa definición de terrorismo do dicionario da RAG (Emprego da violencia en atentados, secuestros etc. por parte dunha organización política como medio para conseguir os seus fins) ou do DLE (Dominación por el terror / Sucesión de actos de violencia ejecutados para infundir terror / Actuación criminal de bandas organizadas, que, reiteradamente y por lo común de modo indiscriminado, pretende crear alarma social con fines políticos). E é que non, non se trata diso que entra nas definicións de dicionario como as anteriores ou as que se podan atopar mesmo en dicionarios de uso común nos EEUU e que poda consultar Trump, senón de cousas como que me teña manifestado en público a favor da liberdade do pobo palestino e en contra do xenocidio do que é vítima, e mesmo teña feito algún escrito nese sentido e publicado en Ribadeando e outros medios. Un xenocidio coñecido internacionalmente, pero que ó tempo, ignórase na práctica, o que fai posible paradoxos como o poder ser reprimido como terrorista por defender as vítimas, mentres se acolle con honras a xenocidas e asasinos.
Así pois, esta mañá mireime ó espello e vin en min un terrorista de novo cuño, o cuño feito a medida por Trump, de xeito semellante a outros que foron feitos, por exemplo, a medida por Franco. E teño que dicir que me sinto orgulloso: ás verbas fáiselles cambiar de sentido cos tempos, pero tamén segundo interese á propaganda, e a nova definición que está en marcha de legalizar a ‘terrorista’ como ‘persoa que se opón ó fascismo e os seus intereses’ axéitaseme e considéroa unha honra.
Dito o anterior, e constatado que non só Trump mantén a nova definición de terrorista, a min, igual que a ti que podes estar lendo isto, vixíanme. De múltiples xeitos. E a vixilancia vai en aumento. Quen non vixiaría a un presunto terrorista, verdade? A cousa é que ti tamén estás incluído no saco vixiado. Hoxe todo o mundo está conectado a internet, e iso mesmo significa un fluxo de datos persoais que se pode medir. No meu caso, antes de abandonar Facebook e X hai xa mais dun par de anos, puiden comprobar que Facebook tiña case 1 GB de datos relacionados comigo. Por esa mesma época, Google (que contaba nos seus servidores con cousas como vídeos do seu Youtube algún feito por min) tiña uns 70 GB. E foi doado comprobar onde se atopaba un coñecido en cada momento do último mes só a raíz do seguimento do seu teléfono, datos a disposición das compañías. Anos antes aínda, unha entidade bancaria xa tiña instalado cámaras que controlan as miñas saídas e entradas na casa -igual que as do resto dos veciños ou ti que pases por alí- por mor da seguridade das súas oficinas. Cámaras que non foron capaces de servir de axuda cando no edificio entraron a roubar: os ladrón ocúltanse, están afetios a facelo; os cidadáns de a pé, ‘terroristas’ presuntos ou confesos, non… E, repito: segue a aumentar a vixilancia. Así, no pobo puxéronse hai pouco varias cámaras de vixilancia en lugares públicos, con imaxes que din están controladas polas autoridades. Claro que é difícil controlar ás propias autoridades, facer que controlen como deben, a máis de fallos diversos que podan dar lugar a filtracións e que os datos -os nosos datos- anden pululando de xeito incontrolado por aí. Ou sexa, como terroristas postos ó descuberto publicamente…

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



