Musica, campionato de futbolín e de FIFA 11, repichocas, concertos e conferencias centran a programación.
Burela acolle o 17 e 18 de Decembro a súa primeira Festa da Mocidade
A Mariña, 9 de decembro de 2010. A localidade de Burela acollerá os vindeiros 17 e 18 de Decembro a súa primeira Festa da Mocidade, organizada pola asociación xuvenil Galiza Nova, que pretende ser un espacio de ocio e cultura para todos os mozos e mozas do Concello así como para os do conxunto da Mariña. Segundo Senín González, portavoz en Burela do colectivo organizador, “a festa xa cumpriu o seu primeiro obxectivo, posto que na súa preparación contamos coa colaboración de moitos mozos e mozas do Concello, e ademais tratase dunha proposta que parte da mocidade sen ningún tipo de dirixismo nin dependencia institucional e porque tamén evidenciou que en Burela hai moita xente con ganas de facer cousas. É máis esta festa racha co tópico que se pretende facer da mocidade para criminalizala e representa que a mocidade reclama o seu protagonismo fora do paternalismo”. Neste sentido desde o colectivo organizador en primeiro lugar queren convidar ao conxunto dos mozos de Burela e da Mariña a que participen destas xornadas ás que tamén se sumarán outros rapaces procedentes doutros puntos de Galiza.
O programa de actos comezará cunha conferencia que se celebrará o Venres 17 ás 20:30 no Salón de Conferencias da Antiga Biblioteca e que correrá a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios. Fernández Pacios, licenciado en historia pola USC, é autor dunha ampla bibliografía sobre A Mariña na Idade Media e na Idade Moderna e nesta ocasión falará sobre “Pedro Bolaño, a Burela da Baixa Idade Media”. Nas palabras de Senín González “esta conferencia vai ser un percorrido polo Burela do século XIV e XV, período do que existe abondosa documentación sobre a nosa vila, e na que a mesma aparece vinculada a este fidalgo tan importante da historia de Galiza como é Pedro de Bolaño, xenro de Pardo de Cela, e que sería o fundador do primeiro Porto de Burela. Alén do contido da charla, isto tamén desbota mitos ou falsidades de que Burela é un Concello sen historia, pois os únicos pobos que carecen dela son aqueles que non a estudan ou escreben”. A Xornada do venres rematará cunha festa-repichoca no Bar de Fuco, no que actuará o grupo burelán Dambara, que se iniciará a partir das 22:30 e que pretende mostrar aos asistentes de fora as actividades de creación no Concello e tamén xuntar a mocidade arredor da festa e do ocio.
As actividades do sábado 18 darán comezo ás 17:00h e realizaranse na Casa da Xuventude(antigo parvulario) onde se celebrará un campionato de futbolín e un torneo de FIFA 11 aberto a todos os mozos, cuxa inscrición é gratuíta habendo premios para os catro primeiros clasificados de cada un dos torneos. Segundo Senín González quen convidou a participar destes torneos “aquelas persoas que desexen participar deben inscribirse antes do venres 17 ben no correo: gnamarinha@gmail.com ou enviando un privado polo tuenti ben chamando por telefone ao número 671-85-99-06”. Asemade a entrega de premios levarase a cabo na festa concerto que se celebrará a partir das 22:00h na Discoteca El Cairo”. Neste sentido desde a organización anunciaron que a partir das 22:00h a Discoteca El Cairo acollerá unha Festa Concerto con cea a base de petiscos e que terá como prato forte un concerto que se celebrará a partir das 12 da noite no que actuarán o grupo Coruñés “Trapallada” e o grupo de Burela “Torques”. Segundo indicou Senín González “tanto un grupo como outro son de sobra coñecidos na escena musical galega, musica de estilos diferentes, mais que son representativos da creatividade e das novas tendencias musicais de Galiza. Queremos con este concerto pasalo ben, pero sobre todo divulgar as nosas expresións artísticas, algunhas das cales teñen dificultades para chegar ao público. Estamos seguros que non van defraudar a ninguén”.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



