Trabada, 19 de decembro de 2025. O Concello de Trabada organiza xunto coas entidades locais A.C. Veiguello, A.C. O Picato e o Motoclube A Cadeira para o sábado, 20 de decembro, unha nova edición do Mercadiño de Nadal, que terá lugar na Praza do Concello entre as 11:30 e as 20:00 horas. A xornada inclúe actividades para todas as idades, música en directo, obradoiros, mostra de produtos locais e artesáns, así como propostas especialmente dirixidas ao público infantil.
O Mercadiño comezará ás 11:30 horas coa apertura oficial. Ás 12:00 horas terá lugar unha exposición fotográfica a cargo da Asociación Cultural O Veigello de Villaformán, seguida ás 12:30 horas dun obradoiro de postais navideñas destinado aos máis pequenos e pequenas.
A música será outra das protagonistas da xornada. Ás 13:00 horas, o músico Vadim Yukhnevich ofrecerá unha actuación aberta ao público. Xa pola tarde, ás 15:00 horas, celebrarase un contacontos infantil titulado A Apalpadora.
A partir das 16:30 horas, o Motoclube A Cadeira organizará unha papanoleada moteira, que incluirá unha degustación gratuíta de chocolate quente e biscoito para todas as persoas asistentes. Ademais, o servizo de bar durante toda a xornada correrá tamén a cargo do Motoclube.
O punto máis esperado polos nenos e nenas chegará ás 18:00 horas, coa visita de Papa Noel e do Apalpador, que traerán ilusión e agasallos para todos os pequenos e pequenas.
Durante todo o día haberá inchables gratuítos, ademais de postos de produtos locais e artesanais e diferentes actividades de lecer, complementando unha ampla programación pensada para dinamizar a vida social e económica do municipio nestas datas.
O Concello de Trabada agradece a colaboración das entidades locais, especialmente da A.C. Veiguello, A.C. O Picato, e do Motoclube A Cadeira, que fan posible este evento.
Desde o Concello convídase a toda a veciñanza e visitantes a participar neste Mercadiño de Nadal, pensado para compartir unha xornada festiva e en familia no corazón do municipio.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



