Mondoñedo, 3 de decembro, 2025. O BNG votou en contra dos orzamentos de Mondoñedo para o ano 2026, cunha valoración “que demostra ou ben un descoñecemento total das contas municipais —algo preocupante a estas alturas— ou unha vontade de facer ruído por mala fe”, din desde o grupo de goberno.
“Cómpre lembrar de onde vimos: cando o BNG gobernaba, Mondoñedo estaba sometido a un plan de axuste, non se garantían as nóminas nin os pagos a provedores e traballábase con orzamentos prorrogados. Ademais, deixaron 1,5 millóns de euros de débeda, que este equipo de goberno conseguiu liquidar en só catro anos ata acadar a situación actual de débeda cero”, engaden.
“A realidade hoxe é ben distinta. Mondoñedo é un dos primeiros concellos da provincia en aprobar os orzamentos de 2026 e leva dez anos consecutivos aprobando as contas municipais, garantindo estabilidade e blindando os servizos para a veciñanza. Tamén se atenderon demandas históricas dos traballadores municipais, coa sinatura do convenio colectivo —un dos poucos concellos en telo— e coa actualización da Relación de Postos de Traballo”, insisten.
“Se o BNG non estaba de acordo cos orzamentos, tiña a oportunidade de presentar propostas. Non o fixo en ningún momento, nin unha soa achega, evidenciando desinterese ou falta de traballo. Pola contra, este equipo de goberno asumiu o saneamento das contas, pechou saldos pendentes e pagou todo o que quedaba sen resolver, fronte á xestión anterior marcada por contratos inútiles e perda de recursos públicos”, engaden.
“En canto ao gasto en festas, o Concello colabora de maneira responsable con cada asociación organizadora, atendendo ás posibilidades reais e buscando financiamento noutras administracións. O que non se pode esquecer é que o BNG se opuña sistematicamente ás propostas do tecido asociativo, freando iniciativas que hoxe son referencia. Iso si era estancamento”, rematan.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



