O orzamento municipal para o próximo ano, que ascende a 8.285.600 euros, permite seguir reforzando infraestruturas, fomenta a promoción de vivenda e emprego, os servizos públicos e programas sociais, culturais e educativos e apoiar a todos os celectivos do concello que teñen un importante papel dinamizador
Cervo, 5 de decembro do 2025. O Concello de Cervo presenta os seus orzamentos para o vindeiro ano, cunha contía global de 8.285.600 euros, que foron aprobados no pleno municipal celebrado este xoves. Trátase dun orzamento equilibrado e sustentable, elaborado sen necesidade de recorrer ao endebedamento nin incrementar a presión fiscal sobre os veciños e veciñas, incluso baixando impostos como o ICIO para a construción de vivenda e a implantación e ampliación de empresas do poligono industrial.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, subliñou que “estamos ante unhas contas realistas e responsables, que aseguran o mantemento e a mellora dos servizos públicos e que continúan priorizando o benestar da cidadanía”. Destacou ademais que o documento “reflicte un modelo de xestión sólido, transparente e comprometido cun Concello con débeda cero desde hai máis de tres anos e seguimos traballando para que siga sendo así”.
Unha das claves do orzamento é o respaldo ao tecido asociativo e a prestación directa dos servizos municipais; apostando firmemente por continuar apoiando a entidades culturais, sociais e deportivas. “As asociacións son unha parte fundamental da vida do noso municipio, dinamizan Cervo e contribúen ao seu desenvolvemento; por iso seguiremos acompañándoas”, engadiu a rexedora.
Caramés incidiu en que o documento económico dá resposta ás prioridades marcadas polo Goberno local: atención ás familias, á mocidade, aos nosos maiores, e en definitiva a todos os colectivos do concello, cunha administración eficiente e centrada na calidade dos servizos públicos.
Dentro do plan de investimentos previsto para o ano destacan tres actuacións fundamentais, entre outras moitas previstas:
• A Renovación integral do Parque Isaac Díaz Pardo e Luis Seone, en Cervo e do parque infantil da Praza dos Campos, en San Cibrao. Unha transformación completa destes espazos de encontro e lecer, que se converterán nun punto de referencia máis accesible, moderno e pensado para todas as idades.
• E a execución en canto empece o ano da nova estrada das Quintas. Unha vía, entre O Paraño e a Rúa do Vilar, que supón un proxecto estratéxico para o futuro de Cervo. O obxectivo é convertela nunha variante que permita sacar o tráfico pesado do núcleo urbano, incrementando a seguridade dos peóns e mellorando a mobilidade en toda a vila.
Esta actuación dará un impulso decisivo ao proxecto municipal de semipeatonalización do núcleo urbano, unha iniciativa ambiciosa que busca crear un centro máis amable, cómodo e seguro para a veciñanza e o comercio local.
“Este é un proxecto clave para transformar a mobilidade de Cervo e mellorar a vida de todas e todos”, así como os dous proxectos xa redactados para a mellora integral da Avenida da Mariña en San Ciprián e que está previsto que se aproben no segundo trimestre do ano, destacou a alcaldesa.
Para concluír, Caramés destacou que “seguimos avanzando cara a un Cervo máis moderno, sostible e accesible, cunha xestión responsable, contas saneadas e mantendo un diálogo constante coa cidadanía. Queremos continuar medrando da man das familias e das entidades culturais, educativas e deportivas, sempre desde a transparencia e cun Concello dinámico e activo” .





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



