Os socialistas sosteñen que o alcalde desvía a atención e lembran que os problemas se repiten cando hai choivas intensas pola falta de investimento
Xove, 5 de decembro de 2025. O PSdeG-PSOE de Xove denuncia a grave situación da rede municipal de abastecemento de auga, logo de que nos últimos días a auga chegase ás vivendas “nunhas condicións lamentables, máis parecida a barro que a un servizo potable”.
A formación subliña que o sucedido non é un feito illado, como tenta facer ver o alcalde, senón “un problema recorrente que se manifesta cada vez que chove con certa intensidade”.
Para os socialistas, o episodio rexistrado esta semana volveu evidenciar o deterioro estrutural das infraestruturas. Consideran insuficiente a explicación do goberno local, que atribúe a turbidez a un movemento de terras puntual, porque “calquera episodio de chuvia moderada provoca arrastres nos ríos, e iso non debería colapsar un sistema de traída que estivese en bo estado”.
O PSdeG lembra que a actual rede de Xove foi construída nos anos 90 e que o chamado embalse do Turrillón -presentado polo alcalde como captación principal- “é unha infraestrutura mínima, máis propia dunha presa dun muíño antigo que dunha instalación moderna capaz de garantir o abastecemento dun municipio enteiro”. Engaden que o resto dos elementos da rede, como o punto de bombeo de Rego Sanguento ou o depósito de Montevelle, acumulan máis de tres décadas sen renovación. “Non hai filtros nin equipos de decantación, non existe control de turxidez e todo o conxunto está totalmente obsoleto”, denuncian.
A situación, apuntan, xa foi avalada por un estudo técnico solicitado polo propio grupo municipal, que estima en preto de 1,5 millóns de euros o investimento necesario para modernizar a rede. “Non falamos de opinións, senón dun diagnóstico técnico claro que o alcalde leva anos ignorando”, insisten.
Neste escenario, o PSdeG critica con dureza a resposta do rexedor, que “no canto de asumir a realidade, dedica o seu tempo a buscar culpables externos”. Engaden que “é moi propio do PP evitar responsabilidades: ou é culpa dun veciño ou é culpa de Pedro Sánchez, pero nunca da súa inacción”. Lembran, ademais, que Salgueiro leva 18 anos na alcaldía ”sen impulsar nin unha soa mellora relevante na traída”.
Por iso, instan ao alcalde a abandonar “a estratexia de distracción” e a reclamar con seriedade á Xunta os recursos necesarios para acometer estas actuacións. Recordan tamén que o PSdeG xa trasladou ao Parlamento galego unha emenda para incorporar nos Orzamentos de 2026 unha partida destinada á renovación integral da rede, “porque Xove non pode continuar con instalacións do século pasado”.
“Falamos dun servizo esencial, básico para a saúde e o benestar da veciñanza. depender de instalacións que fallan con cada episodio de chuvia nin vivir coa incerteza de se a auga chegará limpa ás casas. Xove necesita unha rede moderna, segura e estable, e é hora de que tanto o alcalde como a Xunta deixen de mirar para outro lado e afronten dunha vez a solución definitiva”, conclúen.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



