Ribadeo, 5 de decembro de 2025. Acisa Ribadeo ven de mellorar e ampliar a sinalización comercial e turística da vila co fin de facer mais cercano o comercio e a hostalaría á veciñanza e especialmente aos visitantes. Nas últimas semanas foron instalados dous novos muppis no porto e na Avenida de Galicia e revinilados outros xa existentes no casco urbano.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Acisa Ribadeo ven de mellorar hai unhas semanas a sinalización comercial e turística da vila, co fin de que estivera preparada para esta etapa de Nadal. Os traballos consistiron no revinilado das tres marquesiña que xa estaban instaladas a carón da Praza de Abastos, no Parque San Francisco e na rúa Reinante e a instalación de dúas novas, unha no porto de Porcillán e outra na Avenida de Galicia no acceso ao aparcamento municipal. Estes traballos forman parte do proxecto de Acisa O noso comercio é vida, vive Ribadeo”.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, explicou que “estes novos soportes de información turística están destinados a ofrecer información turística xeral da vila na parte frontal, que está dedicada á nosa marca O noso comercio é vida, vive Ribadeo, onde figuran números de teléfono de interese xeral e unhas pinceladas do que poder facer en Ribadeo; estes muppis inclúen tamén información comercial e hostaleira de Ribadeo, a través da nosa App e coa información que nela se pode encontrar, así coma un código QR para descargala; e como novidade recollen información básica do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo, potenciando a nosa marca Ribadeo, porta do Camiño Norte”.
Cruzado Iglesias subliñou que “o que buscamos con estes novos soportes é mellorar e facer mais accesible a información turística, comercial e hostaleira do noso municipio, para que os milleiros de persoas que ano tras ano pasan por Ribadeo poidan atopar todo o que precisan a pé de rúa, e en caso de querer ampliar eses datos o único que teñen que facer é empregar ese código QR”.
Pérez Prada engadiu que “estes traballos son a última fase parte do proxecto excepcional de Acisa Ribadeo deste ano O noso comercio é vida, vive Ribadeo, premiado pola Xunta de Galicia e que conta coa financiación da Dirección Xeral de Comercio e a cofianciación do Concello de Ribadeo”.
Apertura comercial na ponte festiva
O comercio de Ribadeo abrirá as súas portas este sábado, 6 de decembro.
O xerente de Acisa dixo que “esta fin de semana encaramos a ponte festiva da Constitución, e como se trata duns días de afluencia tanto de veciñanza local que volta á casa para gozar destas xornadas, coma de persoas de toda a contorna e de turistas, a pesar de que o sábado día 6 é festivo, os establecementos comerciais da vila permanecerán abertos ao público. Así mesmo, o domingo día 7 pola mañá, numerosos comercios volverán abrir as súas portas co obxectivo de facilitar as compras de Nadal e ofrecer unha maior comodidade á clientela. Así o acordamos e comunicamos os nosos asociados asociadas. Durante esta fin de semana, Ribadeo contará cun ambiente plenamente navideño, cunha ampla oferta de produtos, servizos e atención personalizada, característica do comercio de proximidade”.
A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos convida “a veciños, visitantes e clientela en xeral a achegarse a Ribadeo para realizar as súas compras, pasear e gozar da vila nestas datas tan sinaladas”.
A presidenta da Acisa lembrou que “desde hoxe polas compras feitas no comercio local e polo gasto realizado na hostalería e nos servizos asociados a Acisa a clientela recibirá papeletas para participar no sorteo da XV Festa do Comercio, que terá lugar o vindeiro 10 de xaneiro. En xogo poñeremos unha viaxe a Menorca para dúas persoas e 5.000 euros en vales de compra. Cando paguemos as nosas compras non esquezamos pedir e levar as rifas de Acisa Ribadeo”.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



