Os concelleiros populares instan ao equipo de goberno “a cumprir de inmediato coas súas obrigas e a garantir o abono dos atrasos correspondentes aos anos 2022 e 2023” e aseguran que “estaremos vixiantes” para asegurar que se realizan os abonos
Lourenzá, 6 de decembro de 2025. O PP de Lourenzá amosa a súa preocupación ante a situación denunciada polas traballadoras do SAF, que reclaman un calendario de pagos claro para facer efectivos os atrasos salariais que veñen sufrindo.
Os concelleiros populares denuncian “a falta dunha resposta concreta” por parte do goberno local, “o que está a aumentar a incerteza”.
Desde o PP de Lourenzá “instamos ao equipo de goberno a cumprir de inmediato coas súas obrigas e a garantir o abono dos atrasos correspondentes aos anos 2022 e 2023”.
“As traballadoras do SAF, ao igual que calquera traballador, merecen seguridade, respecto e un trato profesional acorde coa importancia do labor que desenvolven”, explicaron.
Os concelleiros populares afirmaron que “estaremos vixiantes” para asegurar o pago dos salarios pendentes porque “non queremos que as palabras do goberno local queden niso, son necesarios feitos para garantir o abono dos salarios e que os dereitos das traballadoras se respectan”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



