Nota de prensa
A Deputación aprobou un plan complementario de 10 M€ para infraestruturas nos Concellos máis poboados ou motores comarcais
– O organismo provincial asume, sen aumentar a débeda pública, o custe total destas actuacións complementarias que se executarán en 9 municipios e beneficiarán a 176.000 cidadáns
– Dotará de servizos necesarios a Concellos que superan os 5.000 habitantes ou exercen de motor comarcal, e que quedaran excluídos doutros plans impulsados polo organismo provincial
– A Deputación completa así o Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con preto de 22 millóns de euros, e creado para axudar ós concellos a saír da crise e manter postos de traballos
O Presidente da Deputación -José Ramón Gómez Besteiro-, acompañado do Deputado de Cooperación cos Concellos -Antonio Gato Soengas- e do Vicepresidente Primeiro -Antón Bao-, anunciou este venres que a institución que preside intensifica o apoio ós municipios cunha nova partida económica de carácter complementario e que foi hoxe aprobada pola Xunta de Goberno: 9.457.000 euros, sendo a partida económica máis cuantiosa en canto a transferencias directas ós Concellos que ratifica o organismo provincial. Deste xeito, a Deputación destinará, sen aumentar a débeda pública, estes preto de 10 millóns de euros á dotación de infraestruturas básicas e demandadas polos concellos, así como á mellora de equipamentos existentes nos principais municipios que superan os 5.000 habitantes ou exercen como motores comarcais na provincia.
A Deputación asume o custe total destas actuacións, aliviando deste investimento millonario ós Concellos, incluídas dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública aprobado polo actual equipo de goberno no mes de abril. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “imos cumprindo as nosas previsións de execución. Así como en datas pasadas levamos a última licitación de obras nos Concellos de Ribeira de Piquín e Palas de Rei, agora correspóndelle ó apartado de convenio cos municipios. Pensamos que era importante que, despois doutros Plans nos que se actuaba noutros Concellos pequenos, impulsar un plan complementario naqueles que tamén teñen as súas necesidades e volcan os seus servizos máis alá dos que presta o propio Concello”.
A este respecto, o titular provincial explicou que por iso se estableceu un reparto, priorizando a aqueles municipios que quedaron excluídos doutros plans impulsados polo organismo provincial como o de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes que beneficia a 41 municipios ou o Plan do Canon, a través do que investimos máis de 11 millóns de euros nas 16 entidades locais de todas as cores políticas que contaban con produción hidroeléctrica.
A Xunta de Goberno deu o visto e prace ós convenios de colaboración que o titular provincial asinará nos vindeiros días cos Alcaldes dos 9 Concellos ós que vai destinada esta macroprogramación que beneficia a 176.000 veciños, “case máis da metade da poboación da provincia” que corresponde ós municipios de Monforte de Lemos, Vilalba, Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz e Burela.
Gómez Besteiro destacou que “son obras queridas polos Concellos e imos en prazo perfecto de execución do Plan Extraordinario. É unha aposta máis por estar detrás do municipalismo, detrás dos Concellos sobre todo neste momento no que a cooperación ten que ser aínda máis importante. A Deputación demostra que isto é ó que sabe xogar, ó que quere xogar e onde quere xogar, que é no terreo dos Concellos con este novo Plan”.
Plan consensuado cos Alcaldes
Co acordo hoxe aprobado pola Xunta de Goberno, a Deputación completa o Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con preto de 22 millóns de euros e creado polo organismo provincial para manter os postos de traballo que dependían da licitación de obras. O Presidente xa mantivo contactos previos cos alcaldes para buscar o máximo consenso nas actuacións, co fin de asegurar de que o investimento sexa o máis rendible e beneficioso para os veciños. Neste senso, estanse a ultimar as actuacións destinadas á mellora do saneamento de núcleos poboacionais, á construción de instalacións deportivas como a piscina de Sarria, o único caso que, debido ó elevado investimento, tamén será cofinanciada polo Concello, ou á renovación do alumeado público e do abastecemento de augas en diferentes localidades dos 9 municipios.
O Vicepresidente Primeiro destacou que “todas estas obras e este investimento que é consensuado con eles vai ter unha vocación multidisciplinar. É dicir, a variedade de servizos que se van prestar é tan ampla que é un plan plural, política e practicamente porque na práctica tamén se van a cubrir moitas das carencias e das necesidades que teñen os municipios”. Neste senso, puxo como exemplo o caso da piscina climatizada de Sarria, “que é unha grande demanda do Concello e do seu contorno. A través deste plan, que ten un carácter comarcalizado, cumprimos unha vella demanda dos sarrianos e dos municipios limítrofes”.
Máxima cooperación cos Concellos
Antonio Gato subliñou que esta iniciativa “é un exemplo máis do máximo compromiso que esta Deputación ten con todos os Concellos da provincia, en contraposición co que vén facendo a Xunta de Feijóo ó longo destes dous anos de goberno autonómico, que o único que transmite é a ausencia total de investimentos nunha meirande parte dos Concellos”. O Deputado de Coooperación puntualizou: “non hai obras da Xunta e se non fóra pola Deputación non se faría nin unha soa obra. O goberno autonómico establece unha falsa cooperación. Proba diso é que tivemos noticia que agora a Xunta se ofrece a cobrar os impagos dos Concellos cando isto é o que estamos facendo dende o servizo de recadación e cobrando menos do que pretende Feijóo. Seguen aprendendo do que está facendo a Deputación”.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Na Xunta de Goberno tamén se aprobaron 4 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais, das que dúas pertencen ó ano 2010 e o resto a 2009. Suman un total de 24.320 euros e a Deputación subvenciona 18.189. Benefician ós Concellos de Foz, Friol, Ribadeo e Rábade.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



